A Asamblea Xeral das Nacións Unidas acordou celebrar en 1994 o Ano internacional das familias e concretar no día 15 de maio todos os actos conmemorativos. Así foi como se estableceu esta data como o Día internacional da familia.
Na biblioteca queremos celebrala cunha actividade multiárea titulada Recunchos en familia. A actividade terá lugar o sábado 13 de maio ás 11:00 horas e está destinada a nenos e nenas a partir de 4 anos que deberán vir acompañados/as dunha persoa adulta da súa...