Once upon a time...

Data: 
sábado, 3 de Decembro de 2016
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos bilingües inglés-galego

O IES Terra de Trasancos conta cun grupo de mozos e mozas implicados nun proxecto extraescolar xurdido por iniciativa dunha das súas mestras. Este grupo conta con máis de catorce membros que se adican a preparar contos en inglés para despois representalos para o pùblico infantil en escolas e hospitais.

Este sábado, 3 de decembro, visitan a biblioteca para ofrecer o seu espectáculo a nenos e nenas entre 3 e 6 anos. A sesión vaise desenvolver durante aproximadamente unha hora (de 11:00 a 12:00), na que combinararán o texto de tres contos en inglés e galego.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da biblioteca.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 29 de novembro ás 16:00 horas, no mostrador de préstamo ou chamando ao 981 382 173 en horario de apertura.