Lucecús!!

Data: 
sábado, 28 de Xaneiro de 2017
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Lucía é a máis pequena dunha familia de lucecús e ten moitas ganas de saír a iluminar o Gran Bosque.

ACTUALIZACIÓN: As prazas para esta actividade esgotáronse o martes 24 ás 13:00 horas.

Este sábado 28 de xaneiro arrancamos coa programación das actividades infantís deste ano e facémolo con Lucecús, unha sesión de contacontos e obradoiro onde coñeceremos a Lucía, unha lucecús pequeniña que sinte que non pode brillar tanto coma o resto da súa especie.

A sesión terá lugar entre as 11:00 e as 12:00 da mañá, e para participar é preciso:

  • Ter 4 anos cumpridos.
  • Ter o carné da biblioteca.
  • Reservar praza a partir do luns 23 de xaneiro ás 16:00 horas no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.