Outro mundo por descubrir: as viaxes de Irene

Data: 
sábado, 22 de Abril de 2017
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos

ACTUALIZACIÓN: As prazas para esta actividade esgotáronse o mércores 19 ás 10:00 horas.

Na semana na que celebramos o Día internacional do libro non podíamos pasar sen contacontos para os nosos nenos e nenas.

O sábado 22 de abril ás 11:00 da mañá recibimos a Paz Gutiérrez, de Solidariedade Internacional de Galicia, que ven para presentarnos a Irene, unha nena coa que viaxaremos a outros países para coñecer a súa cultura, as súas paisaxes e aos homes e mulleres que falan linguas distintas da nosa e viven de maneira diferente.

Neste contacontos poderán participar nenos e nenas a partir de 3 anos. Se queres que o teu fillo ou filla participe, reserva a súa praza a partir do martes 18 de abril ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura. Lembra que é imprescindible que os nenos/as teñan o carné da biblioteca para participar nas actividades.