Contacontos

O sábado 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Ás 11:00 recibiremos a vista dun lucecú que acompañou á poeta ao longo de toda a súa vida. Este simpático animaliño contará aos nenos e nenas como foi a infancia e a vida adulta de Rosalía e precisa a axuda dos vosos fillos e fillas para representala.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os 4 anos cumpridos.
  • É necesario que teñan o carné da rede de...

O sábado 10 de febreiro ás 11:00 da mañá recibimos á compañía Eduvía, que ven representarnos o seu espectáculo Dadá o duende.

Esta actividade está orientada a nenos e nenas a partir de 3 anos. Con ela descubriremos ao duende Dadá, que nos deleitará cun repertorio de contos marabillosos nos que se traballan valores como a convivencia e a igualdade, o respecto polo medio ambiente ou o traballo en equipo.

Para que os vosos fillos e fillas participen:...

Cada 3 de decembro celebramos o Día internacional das persoas con discapacidade, unha data para sensibilizar e concienciar sobre a realidade das persoas que sofren algunha limitación, fomentar a súa integración na sociedade e loitar pola igualdade de oportunidades.

Na biblioteca non queremos que os nosos usuarios e usuarias máis noviños sean alleos a esta realidade, polo que organizamos unha sesión de contacontos moi especial.

O sábado 2 de decembro ás 11:00 da mañá contaremos...

O sábado 18 de novembro recibimos a Caxoto Contacontos co seu novo espectáculo Conto para escoitar mentres bailamos un valse. Nesta actividade Caxoto relata a orixe da paixón de Sabela pola música despregando a súa destreza no manexo de clásicos e insólitos instrumentos musicais.

A actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos e vai ter lugar ás 11:00 da mañá.

Para participar:

  • Os...

“Nos primeiros anos de vida movémonos pola curiosidade, xa que todo é novo para nós, por iso é esencial aproveitar todos os momentos para que os nenos e nenas aprendan da forma máis divertida.  A ciencia está presente na nosa vida e os nenos/as aínda o están descubrindo. Deixémoslles experimentar!”

Deste xeito describe Nita  A ciencia é divertida, o seu espectáculo de contos e experimentos científicos cos que os nenos e nenas van quedar abraiados.

O sábado 23 de setembro recibímola na biblioteca con dúas sesións:...

Co inicio do novo curso retomamos tamén as nosas actividades do Programa Biblioespazo 2017.

A primeira actividade terá lugar o sábado 16 de setembro ás 11:00 da mañá, Trátase dunha sesión de contos con música en directo que leva por título Ameñece na granxa e está orientada a nenos e nenas entre 4 e 8 anos.

Para participar nesta actividade é necesario:

  • Que todos os nenos e nenas participantes teñan o carné da biblioteca.
  • ...

Cada 28 de xuño celébrase en boa parte do mundo o Día do orgullo LGTB, unha data na que lesbianas, gais, bisexuais e transexuais reclaman igualdade, respecto e tolerancia para o seu colectivo.

Na biblioteca celebramos esta data cunha actividade para normalizar e visibilizar as relacións non heteronormativas. Caxoto Contacontos tráenos o seu espectáculo Planeta LGTB, que el mesmo define así:

O Planeta M’BURRO  é (como o seu nome ben di) moi aburrido....

Xa están a piques de comenzar as vacacións e moitas familias deciden o seu destino: praia, campo, montaña... Pero, que pasa nestas datas coas mascotas? Viaxan co resto da familia ou teñen que tomar un camiño diferente?

Estas e outras cuestións nos ocuparán na actividade do sábado 3 de xuño. Dun xeito dinámico e divertido, falaremos dos coidados e a responsabilidade que merecen os nosos amiguiños e farémolo a través dunha sesión de contacontos e obradoiro onde sinalaremos os valores de respecto, compromiso e empatía cos animais.

A actividade está orientada...

Este ano o Día das letras galegas está adicado a Carlos Casares, un autor que escribiu obras para todos os públicos.

A través dos contos e os xogos queremos destacar a figura deste escritor para que os nenos e nenas coñezan os aspectos máis relevantes da súa vida e da súa obra. Para iso programamos unha actividade que leva por título Contos e vida de Carlos Casares e que se vai desenvolver o sábado 20 de maio ás 11:00...

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas acordou celebrar en 1994 o Ano internacional das familias e concretar no día 15 de maio todos os actos conmemorativos. Así foi como se estableceu esta data como o Día internacional da familia.

Na biblioteca queremos celebrala cunha actividade multiárea titulada Recunchos en familia. A actividade terá lugar o sábado 13 de maio ás 11:00 horas e está destinada a nenos e nenas a partir de 4 anos que deberán vir acompañados/as dunha persoa adulta da súa...

Páginas