Este sábado 10 de outubro ás 11:00 da mañá retomamos as actividades infantís do programa Biblioespazo 2020 que levaba suspendido dende marzo pola Covid19.
Nesta ocasión a contacontos Fátima Fernández ofrece ao público infantil (a partir de 3 anos) e familiar o seu espectáculo Se os contos puidesen contar… unha actividade para preguntármonos que pasaría se os libros de contos decidisen que eles tamén queren inventar as súas historias, que os textos que teñen “tatuados” non lles...