Contacontos

Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día Internacional das Bibliotecas. A proposta xurdiu da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.

Este sábado 23 sacamos a biblioteca de Narón á rúa para celebrar o seu día grande. Estaremos na Praza de Galicia de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 para a dinamización do noso servizo de dúas maneiras:

 ...

El sábado 16 de octubre a las 11:00 de la mañana la sala de actividades de la sección infantil acogerá una sesión de cuentacuentos para bebés de 0 a 3 años de la compañía Trémola Teatro.

La estrellita Vela está muy triste porque aún non aprendió a brillar, pero su amiga Lyra le muestra muchas cosas divertidas con las que conseguir que se ponga contenta. ¿Conseguirá que Vela brille por fin?

 

Lyra e Vela harán disfrutar a los más pequeños/as de la casa a través de diferentes juegos con los que comprenderán la importancia y el...

O sábado 16 de outubro ás 11:00 da mañá a sala de actividades da sección infantil acollerá unha sesión de contacontos para bebés de 0 a 3 anos da compañía Trémola Teatro.

A estreliña Vela está moi triste porque aínda non aprendeu a brillar, pero a súa amiga Lyra achégalle moitas cousas divertidas coas que conseguir que se poña contenta. Conseguirá que Vela brille por fin?

 

Lyra e Vela farán gozar aos máis pequenos/as da casa a través de diferentes xogos cos que comprenderán a importancia e o valor da amizade.

 

...

O sábado 2 de outubro ás 11:00 da mañá retomamos as actividades infantís presenciais na biblioteca.

Nesta ocasión a compañía Maio Creacións ofrece ao público infantil (a partir de 4 anos) e familiar o conto A viaxe de Mina, un espectáculo que definen así:

Mina é unha nena alegre, segura de si mesma, de gustos un tanto estrafalarios e... gorda. Isto último é o que á sociedade non lle gusta. Mina quere vivir nun mundo de xente tolerante e para acadalo vai emprender a viaxe máis importante da súa vida....

O sábado 17 de outubro ás 11:00 da mañá a sala de actividades da sección infantil acollerá unha sesión de contacontos para bebés de 0 a 3 anos da compañía Trémola Teatro.

Paula co seu xilófono e a través de diferentes elementos sensoriais fará que os máis pequenos/as da casa poidan coñecer os distintos animais.  Que animaliño é?, é unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor.

 

Para participar nesta actividade:...

Este sábado 10 de outubro ás 11:00 da mañá retomamos as actividades infantís do programa Biblioespazo 2020 que levaba suspendido dende marzo pola Covid19.

Nesta ocasión a contacontos Fátima Fernández ofrece ao público infantil (a partir de 3 anos) e familiar o seu espectáculo Se os contos puidesen contar… unha actividade para preguntármonos que pasaría se os libros de contos decidisen que eles tamén queren inventar as súas historias, que os textos que teñen “tatuados” non lles...

Como ben sabedes, o xoves da vindeira semana conmemórase o Día internacional do libro.

...

O vindeiro sábado 7 de marzo ás 11:00 da mañá celebramos por adiantado o Día internacional da muller cunha sesión de contacontos moi especial.

A contacontos Fátima Fernández ofrece ao público infantil (a partir de 3 anos) e familiar o seu espectáculo Contaba a miña avoa que…, unha selección de contos da nosa tradición oral nos que as mulleres somos as protagonistas. Poderemos escoitar relatos cotiáns que foron o xerme da nosa cultura, historias contadas por avoas para nenas e nenos...

O vindeiro sábado 8 de febreiro ás 11:00 h recibimos por primeira vez na biblioteca á compañía Trémola Teatro, que ven ofrecernos o seu espectáculo de narración oral 1, 2, 3… a que non o ves!, unha sesión de contos de temática monstruosa para aprender a perderlle o medo aos monstros.

A actividade está destinada ao público infantil (a partir de 3 anos) e familiar.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario...

O vindeiro sábado 30 de novembro ás 11:00 da mañá contaremos cunha nova actividade do noso programa Biblioespazo 2019 onde poderán participar nenos e nenas entre 4 e 9 anos.

Conto Xogo é unha proposta lúdica de contacontos que promove a cooperación en igualdade de todos/as os/as participantes. A sesión, que dura aproximadamente unha hora, comeza coa lectura dun conto e remata coa realización de varios xogos relacionados coa temática tratada.

A través do xogo...

Páxinas