Recunchos en familia

Data: 
sábado, 13 de Maio de 2017
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos e obradoiro para nenos e nenas a partir de 4 anos.

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas acordou celebrar en 1994 o Ano internacional das familias e concretar no día 15 de maio todos os actos conmemorativos. Así foi como se estableceu esta data como o Día internacional da familia.

Na biblioteca queremos celebrala cunha actividade multiárea titulada Recunchos en familia. A actividade terá lugar o sábado 13 de maio ás 11:00 horas e está destinada a nenos e nenas a partir de 4 anos que deberán vir acompañados/as dunha persoa adulta da súa familia. Con ela buscamos destacar os vínculos familiares en direrentes ámbitos da vida diaria.

Estableceremos tres recunchos de acción:

  1. recuncho do conto.
  2. recuncho do xogo.
  3. recuncho da construción.

Se queres que o teu fillo ou filla participe, reserva a súa praza a partir do martes 9 de maio ás 16:00 horas, no mostrador da sala de adultos ou chamando ao 981382173 en horario de apertura. No momento da inscrición deberás indicarnos tamén o nome da persoa adulta que o/a vai acompañar. Lembra que para participar nas actividades do Programa Biblioespazo 2017 todos os nenos e nenas teñen que ter o carné da biblioteca.