Eu vou comigo

Data: 
sábado, 19 de Novembro de 2016
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos e obradoiro para nenos e nenas entre 4 e 9 anos

ACTUALIZACIÓN: As prazas para esta actividade esgotáronse o luns 14 de novembro ás 17:30

Quérome. Mírome e véxome. Eu vou comigo.  O sábado 19 de novembro, ás 11:00,  imos disfrutar dunha adaptación do conto Yo voy conmigo, de Raquel Díaz Reguera. 

Falaremos do importante que é valorarse e quererse e remataremos esta sesión cun pequeno obradoiro no que fabricaremos ao personaxe do día.

Para participar nesta actividade:

  • É necesario ter o carné da biblioteca.
  • Tedes que reservar praza a partir do luns 14  ás 16:00 horas, no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.