Contacontos

O venres 15 de marzo ás 19:30 recibimos á compañía Trémola teatro que ven ofrecernos, no marco das conmemoracións do 8M, o seu espectáculo Todas as voces contan.

Manuela lembra historias e cancións de xuventude da súa avoa e da súa vida na aldea. Os tempos cambiaron, quizais demasiado rápido nalgúns aspectos, pero non o suficiente noutros. Manuela e a súa avoa teñen un plan, van rescribir o final das súas historias, onde a partir de agora, todas as voces conten.

A través deste espectáculo reflexionaremos sobre o paso do...

A biblioteca conmemora o Día internacional da muller cunha sesión de contos para nenos e nenas a as súas familias que leva por título Contamos en igualdade. A actividade terá lugar o sábado 9 de marzo ás 11:00 da mañá.

Esta actividade pretende rachar cos estereotipos dos roles tradicionais asignados aos personaxes dos contos en función do seu xénero, idade, etnia ou mesmo condición social, cultural ou funcional. A través de fermosos contos trataremos de reflexionar sobre a nosa relación coas demais persoas para...

O sábado 25 de novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, recibimos na biblioteca a Caxoto Contacontos co seu espectáculo Diagnosticando a igualdade, que el mesmo describe así:

Os contos foron sempre fieis testemuñas do seu momento histórico. A través dos contos coñecemos os valores dunha época, o comportamento das súas xentes, as relacións que se daban entre clases sociais, entre iguais, ... e por suposto entre homes e mulleres. Neste espectáculo de contos facemos un repaso pola nosa tradición oral á busca dos...

O 5 de xuño celébrase o Día mundial do medio ambiente, data que celebraremos na biblioteca o sábado 3 ás 11:00 co espectáculo infantil e familiar Que contan as árbores…?, da compañía Maquinarias Teatro.

Helga Méndez tráenos este espectáculo de contacontos con historias propias pero tamén de Gianni Rodari e Shel Silverstein. Para contalas sérvese da palabra e da axuda de obxectos de refugallo.

Segundo Helga Méndez, esta é unha contada para falar desde o humor dos ritmos frenéticos do progreso, e para falar desde o amor dos ritmos...

O sábado 20 de maio ás 11:00 celebramos o día grande das nosas letras con contos, ilustración e música en directo a cargo de Polo correo do vento.

A compañía ven ofrecer ao público infantil e familiar o seu espectáculo Un día para as letras: homenaxe a Paco del Riego, unha actividade baseada no libro do que son autores e que está editado por Lela Edicións.

Ademáis de narrar oralmente a historia de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado este ano no Día das letras galegas,...

O sábado 22 de abril ás 11:00 horas recibimos de novo a Caxoto Contacontos, que ven celebrar con nós o Día internacional do libro cun espectáculo para público infantil e familiar.

Con Un libro baixo a almofada Caxoto fai unha homenaxe ás lecturas da infancia a través dun percorrido por algún dos seus libros de cabeceira, aqueles que durante moito tempo durmiron baixo a súa almofada.

 

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas...

Novamente recibimos á compañía Trémola Teatro na biblioteca. Desta volta veñen para ofrecernos un espectáculo de contacontos para bebés e familias que elas mesmas describen así: Leo é o león máis curioso de toda a selva. Un día, unha choiva de pompas quítalle ao Elefante Ante e a Tartaruga Uga as súas cores. Será capaz Leo, coa vosa axuda, de devolverlle as cores aos seus amiguiños? 

A sesión de contacontos desenvolverase o sábado 15 de abril ás 11:00 horas.

Para participar nesta actividade:

  • Os/as bebés...

O sábado 11 de marzo ás 11:00 Paula Regueiro, de Trémola Teatro, ven celebrar con nós o Día internacional da muller ofrecéndonos o seu espectáculo E ti, que queres ser de maior?

Esta sesión de contacontos está protagonizada por Yoli, unha nena que non ve máis que atrancos por parte dos seus compañeiros e compañeiras da clase cando expresa a que lle gustaría adicarse profesionalmente.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os tres anos cumpridos...

O sábado 19 de novembro ás 11:00 da mañá faremos unha homenaxe adiantada aos e ás músicos do mundo, que celebran o día 22 a súa patroa, Santa Icía.

Recibimos na biblioteca á Orquestra de Camarote, que ven ofrecernos un espectáculo musical con personaxes moi especiais e música de moitos e moi variados estilos. Con eles faremos unha viaxe musical por distintas partes do mundo.

Para participar na actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os cinco...

O venres 4 de novembro celébrase o Día da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), organización que trata de establecer a paz e a seguridade no mundo mediante a cooperación internacional en materia de educación, ciencia e cultura. Os programas que desenvolve a UNESCO contribúen á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) definidos na Axenda 2030.

O sábado 5 de novembro ás 11:00 valerémonos dun pequeno conto e dun obradoiro para que os nenos e nenas...

Páginas