Contacontos

No mes que estamos adicando ao libro non podiamos pasar por alto o formato que está gañando cada ano máis adeptos/as, o libro electrónico.

A mestra, escritora e inventora ferrolá Ángela Ruiz Robles desenvolveu a finais dos anos corenta un prototipo de enciclopedia mecánica que a día de hoxe se considera precursor do libro electrónico.

Arantxa Serantes recolle no seu libro O valor das ideas, pequena biografía de Ángela Ruiz Robles, a precursora do libro electrónico a biografía desta interesante investigadora.

A propia autora...

O mes de abril ven cargadiño de actividades coas que queremos celebrar o Día internacional do libro. A primeira delas vai ter lugar o sábado 6 ás 11:00 da mañá e está orientada a nenos e nenas a partir de 4 anos.

E ti que representas? é unha actividade na que dunha maneira divertida e dinámica os nenos e nenas asistentes atoparán o xeito de expresar as súas emocións. Nesta experiencia grupal os/as participantes representarán distintos escenarios mediante o xogo...

BIBLIOTECA MUNICIPAL CENTRAL

Sábado 6 de abril ás 11:00 h:

E ti que representas?, obradoiro infantil sobre as emocións.

Para nenos e nenas a partir de 4 anos.

Inscricións a partir do martes 2 de abril ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.Maís información premendo aquí....

O 21 de marzo é unha data moi sinalada no calendario. Ademáis de celebrarse o Día mundial da síndrome de down, o Día mundial da poesía e a entrada da primavera (este ano non, que chega cun día de adianto), conmemórase en boa parte do mundo o Día da árbore ou Festa da árbore.

Este ano queremos celebrar esta data tamén na biblioteca polo que organizamos unha...

O 21 de febreiro conmemórase en todo o mundo o Día internacional da lingua materna, unha data na que as Nacións Unidas lembran a todos os seus estados membros o seu deber de promover, preservar e protexer todas as linguas que falan os pobos do mundo.

Na biblioteca queremos contribuir a esta causa organizando para ese mesmo día, xoves 21 de febreiro ás 18:00 horas, unha actividade multidisciplinar para nenos e nenas a partir de 3 anos.

A compañía Polo correo do vento...

O pobo chinés celebra o 5 de febreiro unha das súas festas máis significativas, o inicio do seu novo ano. Na rede bibliotecaria municipal queremos sumarnos a estes festexos que se extenden máis alá de China, programando:

Na Biblioteca Municipal do Alto:

Un obradoiro multidisciplinar o sábado 9 de febreiro ás 11:00 da mañá destinado a nenos e nenas a partir de 4 anos.

Segundo o costume chinés, cada novo ano que está adicado...

O sábado 15 de decembro ás 11:00 da mañá despedimos as actividades de contacontos do programa Biblioespazo 2018 cunha sesión moi especial: A maxia de Mary Poppins.

Recibiremos a visita de Mary Poppins en persoa! A través da niñeira máxica adentrarémonos nun mundo no que a literatura e os libros nos farán soñar e vivir aventuras inimaxinables.

Esta é unha actividade orientada para nenos e nenas a partir de 3...

Xa de cheo metidos/as no Nadal recibimos a visita do lexendario Apalpador, o carboeiro bo que cada 24 e 31 de decembro baixa das montañas do Courel para tocar as barriguiñas de todos os nenos e nenas, ver se comeron ben e desexarlles un ano cargado de alegrías.

Nas súas visitas ao noso concello, o Apalpador ofrecerá ademáis aos nenos e nenas entre 3 e 12 anos unha sesión de contacontos. Podedes velo:

O martes 18 de decembro ás 17:00 horas...

Cada 3 de decembro conmemórase o Día internacional das persoas con discapacidade, data proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1992 para reivindicar dereitos, calidade de vida e condicións de desenvolvemento social para as persoas con discapacidade.

Na biblioteca queremos visibilizar tamén estas reivindicacións e é por iso que programamos o sábado 1 de decembro ás 11:00 da mañá unha sesión de contacontos que mestura a lingua oral e a lingua de signos.

...

O mércores 21 de novembro ás 18:00 horas os nenos e nenas a partir de 8 anos poderán asistir a unha sesión de contacontos moi especial: Light and dark. Nesta actividade, na que se inclúen experiencias científicas, poderemos ver a luz e a electricidade dun xeito diferente.

A actividade desenvolverase en inglés, nun nivel adaptado á idade dos nenos e nenas participantes.

Para participar neste contacontos-obradoiro:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións...

Páginas