O meu mellor inimigo

Data: 
sábado, 11 de Febreiro de 2017
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Un truco definitivo para liberarnos dos nosos maiores inimigos e inimigas

ACTUALIZACIÓN: As prazas para esta actividade esgotáronse o martes 7 ás 16:40 horas.

Este sábado día 11 conmemoramos cun chisco de adianto o Día do amor e da amizade e facémolo cunha sesión de contacontos moi especial: O meu mellor inimigo daranos as claves para poder desfacernos da nosa lista de inimigos/as. Remataremos con eles e elas dunha maneira definitiva!

A actividade comezará ás 11:00 e está orientada a nenos e nenas a partir de 4 anos.

Se queres que o teu fillo ou filla participe, lembra que:

  • Ten que ter o carné da biblioteca.
  • É necesario reservar a súa praza. Podes facelo a partir do martes 7 de febreiro ás 16:00 horas, no mostrador de préstamo ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

Actividade baseada en Pastel para enemigos, de Derek Munson.