Contacontos

Este ano celébranse en Río de Janeiro os XXXI Xogos Olímpicos, que comezan o venres 5 de agosto e rematan o domingo 21.

Para achegarnos á cultura do país que acolle esta celebración, Caxoto Contacontos ofrécenos o seu espectáculo Contos do Brasil, unha sesión de contos e música en directo coa que viaxaremos ás selvas amazónicas para atoparnos co noso propio pasado: os xoguetes, as cantigas e os contos que a cultura brasileira e portuguesa ten en común coas nosas raíces galegas.

Para participar nesta...

A noite máis curta do ano aproxímase e, con ela, unha morea de tradicións moi nosas que se renovan un ano máis. Para que os nenos e nenas coñezan estas tradicións e ritos asociados á noite de San Xoán, organizamos unha sesión de contos, lendas e xogos.

Será o sábado 18 de xuño ás 11:00 da mañá e poderán participar nenos e nenas a partir de 4 anos.

Para reservar praza:

  • É imprescindible ter o carné da biblioteca.
  • Podedes inscribirvos a partir do martes 14 de xuño...

O vindeiro sábado 4 de xuño ás 11:00 da mañá recibimos á compañía arxentina Terraquea, teatro de títeres, que veñen amosarnos o seu espectáculo Jacinta y el duende de la siesta.

Esta lenda do norte de Arxentina conta como Jacinta descobre que un cazador está asustando coa súa escopea ao animais do bosque e todos están fuxindo. Coa axuda dun trasno decide devolverlle o susto ao cazador.

Para participar nesta actividade é necesario:

  • Ter 3 anos...

Este ano cúmprense 400 anos do falecemento de Miguel de Cervantes e William Shakespeare. A data da súa morte é a que marca precisamente a elección do 23 de abril como Día internacional do libro.

O sábado ás 11:00 celebramos esta data cunha sesión de contacontos moi especial...

O sábado 2 de abril ás 11:00 da mañá celebramos o Día internacional do libro infantil e xuvenil da man da Asociación Cucarandainas, que nos traen o seu espectáculo Moito conto.

Moito conto é unha sesión de narración oral participativa na que, a partir dun conto literario, os nenos e nenas xogan á dramatización da historia. A narradora guiará a representación e os espectadores pasarán a formar parte activa dela como personaxes ou...

O Día do pai xa está aí, e este ano temos preparada unha actividade moi bonita para homenaxear aos papás (ou outras persoas que exercen de pais) no seu día.

Que faremos?

1) Prepararemos un agasallo para os papás. Non nos vai levar máis que un chisquiño. Cada neno ou nena participante poderá escoller un momento entre o luns 14 e o xoves 17 de marzo entre as 17:00 e as 19:00 horas para preparalo.

2) Reuniremos a todos/as os/as participantes o venres 18 de marzo ás 18:00 horas para envolver os agasallos...

O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, data na que se conmemora o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, un dos maiores referentes da nosa literatura.

Para homenaxear á Rosalía o Servizo de Normalización Lingüística do noso concello ofrece aos nenos e nenas entre 4 e 8 anos unha sesión de contacontos que leva por título A paisaxe de Rosalía e que se vai desenvolver o venres 26 de febreiro ás 18:00 horas na planta sótano da biblioteca.

...

Para o sábado 20 de febreiro (de 11:00 a 12:00) temos preparada unha actividade moi especial. Ese día e o Día internacional do gato, e queremos homenaxear a estes simpáticos animais con actividades e contos nos que eles son os protagonistas. Deste xeito coñeceremos algúns dos gatos (reais e imaxinarios) máis famosos da historia.

A actividade está orientada a nenos e nenas a partir de 4 anos. Para participar é necesario:

  • Ter o carné da biblioteca.
  • Reservar praza a partir do martes 16 ás...

Este sábado, día 30 de xaneiro, conmemórase o Día escolar pola non violencia e a paz. Dende a biblioteca queremos celebrar tamén esta data cunha sesión de contos nos que os valores de respecto, tolerancia e pacifismo están moi presentes. Será entre as 11:00 e as 12:00 da mañá.

Se tes entre 4 e 8 anos e queres participar podes reservar a túa praza para esta actividade a partir do martes 26 de xaneiro ás 16:00 horas. Podes facelo no...

AFAL Ferrolterra ofrécenos este sábado 12 de decembro ás 11:00 da mañá un contacontos e obradoiro orientado a nenos e nenas entre 6 e 9 anos.

A actividade é unha adaptación de La abuela necesita besitos, de Ana Bergua, un conto cheo de sensibilidade que pretende axudar aos máis pequenos/as a entender e aceptar o proceso de envellecemento e deterioro das capacidades mentais do ser humano como algo natural.

Podedes reservar a vosa praza para esta actividade a partir do mércores 9 de decembro ás...

Páginas