Diagnosticando a igualdade

Data: 
sábado, 25 de Novembro de 2023
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos para público infantil (a partir de 4 anos) e familiar

O sábado 25 de novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, recibimos na biblioteca a Caxoto Contacontos co seu espectáculo Diagnosticando a igualdade, que el mesmo describe así:

Os contos foron sempre fieis testemuñas do seu momento histórico. A través dos contos coñecemos os valores dunha época, o comportamento das súas xentes, as relacións que se daban entre clases sociais, entre iguais, ... e por suposto entre homes e mulleres. Neste espectáculo de contos facemos un repaso pola nosa tradición oral á busca dos contos nos que quedou reflexada a relación entre sexo feminino e o masculino para contrapoñelo aos nosos días.

Para participar:

  • É necesario que os nenos e nenas teñan os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • Haberá que reservar praza a partir do martes 21 de novembro ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.