E ti, que queres ser de maior?

Data: 
sábado, 11 de Marzo de 2023
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos pola igualdade de oportunidades

O sábado 11 de marzo ás 11:00 Paula Regueiro, de Trémola Teatro, ven celebrar con nós o Día internacional da muller ofrecéndonos o seu espectáculo E ti, que queres ser de maior?

Esta sesión de contacontos está protagonizada por Yoli, unha nena que non ve máis que atrancos por parte dos seus compañeiros e compañeiras da clase cando expresa a que lle gustaría adicarse profesionalmente.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os tres anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza. Podedes facelo a partir do martes 7 de marzo ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.