Presentación

A Biblioteca Pública Municipal de Narón empezou a súa andadura no ano 1986 no edificio coñecido coma “O chalé de Antón”, que albergaba por aquel entón a Casa da Cultura.

Ao longo dos seus case trinta anos de historia foron moitos os cambios e evolucións que experimentou tanto no volume dos seus fondos coma nos servizos prestados ou no número de persoal.

O cambio máis significativo tivo lugar no ano 2003. O 23 de abril, Día do libro, a biblioteca estreou un novo emplazamento. Trátase dun edificio con tres plantas destinadas exclusivamente ao servizo bibliotecario, con máis de 1000 metros cadrados a disposición dos usuarios/as.

 

Estes son os seus rasgos máis identificativos a día de hoxe:

SERVIZOS QUE SE PRESTAN:

  • Lectura en sala.
  • Préstamo a domicilio.
  • Información bibliográfica.
  • Boletín de novidades bimestral.
  • Solicitudes de adquisicións.
  • Formación de usuarios.
  • Sección local.
  • Hemeroteca.
  • Sección infantil e xuvenil.
  • Acceso a Internet.
  • Actividades culturales.
  • Préstamo de documentos electrónicos.

 

HORARIO:

En inverno:

  • De luns a venres: 9:30-13:30 e 16:00-21:00
  • Sábados: 10:00-13:00

En verán:

  • Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:30
  • Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00

O horario de atención ao público e a sala de informática pechan sempre 15 minutos antes da hora de peche definitivo da biblioteca.

 

USUARIOS/AS:

Na actualidade a biblioteca conta con 15463 socios/as. Ademáis dos usuarios/as inscritos/as, outras moitas persoas veñen facer uso do servizo de lectura en sala, principalmente na sección de hemeroteca (prensa e revistas), para o que non é preciso o carné de usuario/a.

A biblioteca atende a unha media de máis de 200 persoas ao día. O perfil dos nosos usuarios (a grandes rasgos) é:

Mañás:

  • Persoas maiores que fan uso da hemeroteca.
  • Universitarios/as e persoas preparando oposicións que utilizan a biblioteca para estudar.
  • Adultos con intereses variados que solicitan información de todo tipo segundo os seus intereses, aficións, profesións… e que son os que máis utilizan o servizo de préstamo.

Tardes:

Grupo similar ao da mañá, ao que se suman:

  • Nenos/as de todas as idades que fan uso do servizo de préstamo e de lectura en sala.
  • Estudantes que buscan información para as súas tarefas escolares.

 

ACTIVIDADES REALIZADAS:

Realízanse actividades para todas as idades dentro do Programa Biblioespazo.

  • Contacontos.
  • Obradoiros.
  • Exposicións bibliográficas.
  • Exposicións artísticas.
  • Audicións musicais.
  • Presentacións de libros.
  • Servizo de orientación de lectura ás familias.
  • Visitas guiadas.
  • Mostras do libro usado e de segunda man.
  • Préstamos de lotes sorpresa.