Contacontos

Este sábado 10 de outubro ás 11:00 da mañá retomamos as actividades infantís do programa Biblioespazo 2020 que levaba suspendido dende marzo pola Covid19.

Nesta ocasión a contacontos Fátima Fernández ofrece ao público infantil (a partir de 3 anos) e familiar o seu espectáculo Se os contos puidesen contar… unha actividade para preguntármonos que pasaría se os libros de contos decidisen que eles tamén queren inventar as súas historias, que os textos que teñen “tatuados” non lles...

Como ben sabedes, o xoves da vindeira semana conmemórase o Día internacional do libro.

...

O vindeiro sábado 7 de marzo ás 11:00 da mañá celebramos por adiantado o Día internacional da muller cunha sesión de contacontos moi especial.

A contacontos Fátima Fernández ofrece ao público infantil (a partir de 3 anos) e familiar o seu espectáculo Contaba a miña avoa que…, unha selección de contos da nosa tradición oral nos que as mulleres somos as protagonistas. Poderemos escoitar relatos cotiáns que foron o xerme da nosa cultura, historias contadas por avoas para nenas e nenos...

O vindeiro sábado 8 de febreiro ás 11:00 h recibimos por primeira vez na biblioteca á compañía Trémola Teatro, que ven ofrecernos o seu espectáculo de narración oral 1, 2, 3… a que non o ves!, unha sesión de contos de temática monstruosa para aprender a perderlle o medo aos monstros.

A actividade está destinada ao público infantil (a partir de 3 anos) e familiar.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario...

O vindeiro sábado 30 de novembro ás 11:00 da mañá contaremos cunha nova actividade do noso programa Biblioespazo 2019 onde poderán participar nenos e nenas entre 4 e 9 anos.

Conto Xogo é unha proposta lúdica de contacontos que promove a cooperación en igualdade de todos/as os/as participantes. A sesión, que dura aproximadamente unha hora, comeza coa lectura dun conto e remata coa realización de varios xogos relacionados coa temática tratada.

A través do xogo...

O vindeiro sábado 23 de novembro ás 11:00 da mañá recibimos a visita de dous extraterrestres que veñen para contar aos nenos e nenas a partir de 5 anos como son as cousas no seu planeta. A pesar de viren doutro mundo e seren tan diferentes, veremos que compartimos con eles moitos comportamentos e modos de vida que non están moi ben.

Nesta actividade os nenos e nenas escoitarán, valorarán, opinarán e se porán mans á obra, pois a sesión remata cun obradoiro de ilustración onde poder sacar á luz o seu carácter máis...

O pasado 14 de outubro celebrouse o Día das Escritoras, data na que se reivindica o labor das mulleres na literatura e se pretende combater a discriminación que sufriron na súa historia.

Co gallo da celebración do Día da biblioteca non tivemos a oportunidade de darlle a esta data o protagonismo que merece, por iso queremos destacalo agora cunha actividade moi especial: Microrrelatando o noso mundo ofrece aos nenos e nenas a oportunidade de xogar coa súa imaxinación e crear pequenas obras literarias de...

Como sabedes, estamos adicando moitas das nosas actividades infantís á concienciación sobre o cambio climático e o coidado do medio ambiente.

O vindeiro sábado día 26 celebraremos na biblioteca unha sesión de contacontos con estes temas como eixo principal.

Ás 11:00 da mañá Caxoto Contacontos dará comezo ao seu espectáculo Miña terra, meu lar, un alegato a favor do coidado do mar onde cada neno e nena participante poderá tomar conciencia do seu poder para...

As actividades do Programa Biblioespazo 2019 fan unha pausa durante o verán para voltar no vindeiro outono con máis forza. Despedimos os contacontos da tempada cunha sesión que nos ofrece Cruz Vermella: O corazón de Lolo.

Esta actividade está encamiñada a que os nenos e nenas a partir de 3 anos coñezan a realidade do acollemento familiar e teñan así as ferramentas necesarias para entender esta situación se nalgún momento están en contacto con ela.

A...

O 25 de maio celébrase o Día Mundial de África, unha xornada para poñer de manifesto a realidade política, social e cultural do continente.

Na biblioteca queremos celebrar esta data ofrecendo aos nenos e nenas unha actividade para coñecer as características de África: as súas xentes, as tradicións e os costumes, a fauna máis significativa, os lugares e as persoas destacadas... Nesta actividade multidisciplinar contaremos unha lenda popular africana e realizaremos un obradoiro no que...

Páxinas