Contacontos

O sábado 15 de outubro ás 11:00 continuamos coa programación especial do mes das bibliotecas cunha sesión de contacontos para bebés que narra a historia dunha pequena vila onde hai unha biblioteca e o obradoiro. Un día chega unha empresa construtora que transforma a vila nunha cidade chea de xente moi triste. A bibliotecaria e a inventora atoparán nos libros máis antigos da biblioteca as intrucións para viaxar no tempo e achar unha solución que traia novamente a alegría á vila.

Para participar nesta actividade:

  • Os/as...

Os máis pequerrechos e pequerrechas da casa teñen unha cita cos contos o sábado 18 de xuño ás 11:00 da mañá. A sala de actividades da sección infantil recibe á compañía Charlatana, que ven ofrecernos o seu espectáculo Canta, buguina, canta!

Soprando a nosa buguina comezaremos unha viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas, regaremos a herba, xogaremos coa marea que sobe e baixa, cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe.

Para participar nesta...

A compañía Trémola Teatro visita novamente a biblioteca para ofrecer aos nenos e nenas a partir de 3 anos un espectáculo moi especial: Florencio Delgado Gurriarán, o poeta de Valdeorras. 

A través dunha viaxe polos seus poemas achegarémonos á vida e obra do autor ao que este ano está adicado o Día das Letras Galegas. Esta viaxe axudaranos a coñecer moitos aspectos da nosa tradición cultural e a comparalos coa actualidade.

Para participar nesta actividade que se vai desenvolver o sábado 14 de...

O vindeiro sábado 23 de abril ás 11:00 da mañá celebramos o Día internacional do libro cunha sesión de contacontos a cargo de Ana Facchini.

En Cantos, contos e outras animaladas os contos de animais da nosa infancia reinvéntanse e pasan a ser historias actuais cheas de amor en tenrura. Os animais son os protagonistas e contan as súas historias de viaxes por montes, ríos, alamedas, fragas e camiños.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter...

O sábado 9 de abril ás 11:00 da mañá festexaremos o Día do pobo xitano, que se celebra o 8 de abril, coa actividade multidisciplinar Opré Romá!

A través dunha serie de xogo os nenos e nenas coñecerán a orixe e as características da cultura xitana e as contribucións que o pobo xitano fixo á cultura e á historia xerais. Escoitaremos o himno xitano e cancións infantís cíngaras, debuxaremos a súa bandeira e escoitaremos un fermoso conto de amizade entre un neno campesiño e unha...

A programación do mes de abril, mes dos libros, ven cargadiña de propostas para todas as idades. A primeira delas é unha sesión de contos para bebés que vai ter lugar o sábado 2 ás 11:00.

Contacontos sensorial é unha experiencia arredor dos sentidos do tacto, da vista e do oído. Os/as bebés e acompañantes gozarán de palabras, cancións e contos e experimentarán con obxectos manipulables que chamarán a atención dos máis pequenos e pequeñas.

Para participar:

► Os/as bebés teñen que ter o carné da rede de...

O sábado 26 de marzo ás 11:00 da mañá organizamos a actividade multidisciplinar Titirexando para festexar o Día mundial do títere, que é o luns anterior, día 21.

Coñeceremos os tipos de títeres e marionetas que existen e a súa historia. Veremos tamén algúns dos máis representativos da literatura e as artes escénicas, poderemos tocar e experimentar cunha colección de títeres e marionetas de varios tipos e escoitaremos un conto animado con títeres de dedos.

Para participar nesta actividade:

► Os nenos e nenas...

Este sábado 12 de marzo a las 11:00 conmemoramos el Día Internacional de la Mujer con una sesión de cuentos en igualdad.

Caxoto Contacontos desmonta algunos cuentos tradicionales para limpiarlos de estereotipos de género y ofrecernos finales alternativos en los que triunfa la igualdad entre hombres y mujeres, niños y niñas.

Para participar en esta actividad:

♦ Los niños y niñas tienen que tener los cuatro años cumplidos y el carnet de la red de bibliotecas sin sanciones pendientes.

♦ Es ...

Este sábado 12 de marzo ás 11:00 conmemoramos o Día internacional da muller cunha sesión de contos en igualdade.

Caxoto Contacontos desmonta algúns contos tradicionais para limpalos de estereotipos de xénero e ofrecernos finais alternativos onde triunfa a igualdade entre homes e mulleres, nenos e nenas.

Para participar nesta actividade:

♦ Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.

♦ É necesario reservar praza a partir...

 

Xa temos o Entroido ás portas e queremos celebralo como ten que ser, transformándonos noutro personaxe a través dun disfrace. Para iso organizamos un obradoiro para os/as máis pequenos/as da casa co que nos mergullaremos nunha aventura de piratas. 

Na sesión escoitaremos historias de piratas e traballaremos con diferentes materiais para saír ataviados coma corsarios e corsarias. Xa só nos ha faltar un loro ao ombreiro!

Esta actividade terá lugar o sábado 26 de febreiro ás 11:00 da mañá e está...

Páxinas