Contacontos

O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, data na que se conmemora o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, un dos maiores referentes da nosa literatura.

Para homenaxear á Rosalía o Servizo de Normalización Lingüística do noso concello ofrece aos nenos e nenas entre 4 e 8 anos unha sesión de contacontos que leva por título A paisaxe de Rosalía e que se vai desenvolver o venres 26 de febreiro ás 18:00 horas na planta sótano da biblioteca.

...

Para o sábado 20 de febreiro (de 11:00 a 12:00) temos preparada unha actividade moi especial. Ese día e o Día internacional do gato, e queremos homenaxear a estes simpáticos animais con actividades e contos nos que eles son os protagonistas. Deste xeito coñeceremos algúns dos gatos (reais e imaxinarios) máis famosos da historia.

A actividade está orientada a nenos e nenas a partir de 4 anos. Para participar é necesario:

  • Ter o carné da biblioteca.
  • Reservar praza a partir do martes 16 ás...

Este sábado, día 30 de xaneiro, conmemórase o Día escolar pola non violencia e a paz. Dende a biblioteca queremos celebrar tamén esta data cunha sesión de contos nos que os valores de respecto, tolerancia e pacifismo están moi presentes. Será entre as 11:00 e as 12:00 da mañá.

Se tes entre 4 e 8 anos e queres participar podes reservar a túa praza para esta actividade a partir do martes 26 de xaneiro ás 16:00 horas. Podes facelo no...

AFAL Ferrolterra ofrécenos este sábado 12 de decembro ás 11:00 da mañá un contacontos e obradoiro orientado a nenos e nenas entre 6 e 9 anos.

A actividade é unha adaptación de La abuela necesita besitos, de Ana Bergua, un conto cheo de sensibilidade que pretende axudar aos máis pequenos/as a entender e aceptar o proceso de envellecemento e deterioro das capacidades mentais do ser humano como algo natural.

Podedes reservar a vosa praza para esta actividade a partir do mércores 9 de decembro ás...

Este sábado 28 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a violencia de xénero cunha sesión de contos en igualdade.

Caxoto Contacontos desmonta algúns contos tradicionais para limpalos de estereotipos de xénero e ofrecernos finais alternativos onde triunfa a igualdade entre homes e mulleres, nenos e nenas.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos. Lembrade que para inscribir aos vosos fillos/as, estes deben ter o carné da biblioteca e deberedes...

Este sábado 21 de novembro celebramos cun día de antelación Santa Icía, patroa dos músicos. Os nenos e nenas entre 3 e 9 anos poderán disfrutar da proxección de Pedro e o lobo, a obra que Sergéi Prokófiev compuxo para espertar o gusto musical entre os máis pequenos/as.

Da man dos protagonistas do conto coñeceremos algún dos principais instrumentos da orquestra: a frauta, o oboe, o fagot...

Para participar nesta actividade é imprescindible:

  • Ter o...

Este sábado día 7 recibimos na biblioteca a Pablísimo, que ven deleitarnos co seu Contiario ás 11:00 da mañá.

Contiario é unha sesión de contos que empezan ao revés, contos que teñen moitos finais e contos que non rematan nunca, fábulas, cantares de cegos, contos pequerrechiños, adiviñas, cancións... Con eles mergullarémonos no marabilloso mundo da literatura infantil e da tradición oral.

Para participar é imprescindible:

  • Ter 4 anos ou máis....

O sábado 26 de setembro a escritora naronesa Paula Merlán estará na biblioteca entre as 11:30 e as 12:30 para contarnos o seu conto As bolsiñas da Señora T.

Despois de escoitar a Paula e ver as fermosas ilustracións de Mar Blanco, teremos un obradoiro no que aprenderemos a facer un obxecto relacionado co conto.

E para rematar, haberá unha sorpresa moi especial para os nenos e nenas participantes.

Se tes 3 anos ou máis podes participar na...

Marisa Irimia presenta en nuestra biblioteca Cuentos del membrillero, anís y limón, una sesión de cuentacuentos dirigida a bebés entre 0 y 36 meses. Haremos sesión doble:

  • 11:00-11:30 para bebés entre 0 y 18 meses
  • 12:00-12:30 para bebés entre 19 y 36 meses

Para participar en esta actividad todos los bebés tendrán que estar dados de alta como usuarios/as de la biblioteca (podeis descargar de aquí el modelo de...

Marisa Irimia presenta na nosa biblioteca Contos de marmeleiro, anís e limón, unha sesión de contacontos dirixida a bebés entre 0 e 36 meses. Faremos sesión dobre:

  • 11:00-11:30 para bebés entre 0 e 18 meses
  • 12:00-12:30 para bebés entre 19 e 36 meses

Para participar nesta actividade todos os bebés terán que estar dados de alta como usuarios/as da biblioteca (podedes descargar de aquí o modelo de...

Páxinas