Un libro baixo a almofada

Data: 
sábado, 22 de Abril de 2023
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos infantil e familiar para celebrar o Día internacional do libro

O sábado 22 de abril ás 11:00 horas recibimos de novo a Caxoto Contacontos, que ven celebrar con nós o Día internacional do libro cun espectáculo para público infantil e familiar.

Con Un libro baixo a almofada Caxoto fai unha homenaxe ás lecturas da infancia a través dun percorrido por algún dos seus libros de cabeceira, aqueles que durante moito tempo durmiron baixo a súa almofada.

 

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario inscribirse a partir do martes 18 de abril ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.