Contacontos

Na semana na que celebramos o Día internacional do libro non podíamos pasar sen contacontos para os nosos nenos e nenas.

O sábado 22 de abril ás 11:00 da mañá recibimos a Paz Gutiérrez, de Solidariedade Internacional de Galicia, que ven para presentarnos a Irene, unha nena coa que viaxaremos a outros países para coñecer a súa cultura, as súas paisaxes e aos homes e mulleres que falan linguas distintas da nosa e viven de maneira diferente.

Neste contacontos poderán participar nenos e...

Dende 1967 o IBBY (Organización internacional para o libro xuvenil) promove a celebración do Día internacional do libro infantil e xuvenil, coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen, o 2 de abril. O obxectivo desta conmemoración é promocionar a boa literatura orientada ao público infantil e adolescente e a lectura entre os máis novos/as.

Na biblioteca celebramos esta data con Contos revoltos, un espectáculo que a súa autora, Fátima Fernández, describe...

O vindeiro sábado 11 de marzo estreamos as actividades na nova sala infantil e bebeteca e facémolo cunha sesión de contos con música para bebés entre 0 e 36 meses.

O ladrón de sorrisos é unha adaptación do conto co mesmo título de Susanna Isern, unha fermosa historia sobre a amabilidade e a ledicia.

O conto representarase en sesión dobre no seguinte horario:

  • De 11:00 a 11:30 para os bebés entre 0 e 18 meses.
  • De 12:00 a 12:30 para os bebés entre 19 e 36 meses....

Este sábado día 11 conmemoramos cun chisco de adianto o Día do amor e da amizade e facémolo cunha sesión de contacontos moi especial: O meu mellor inimigo daranos as claves para poder desfacernos da nosa lista de inimigos/as. Remataremos con eles e elas dunha maneira definitiva!

A actividade comezará ás 11:00 e está orientada a nenos e nenas a partir de 4 anos.

Se queres que o teu fillo ou filla participe, lembra que:

  • Ten que ter o carné da biblioteca....

Este sábado 28 de xaneiro arrancamos coa programación das actividades infantís deste ano e facémolo con Lucecús, unha sesión de contacontos e obradoiro onde coñeceremos a Lucía, unha lucecús pequeniña que sinte que non pode brillar tanto coma o resto da súa especie.

A sesión terá lugar entre as 11:00 e as 12:00 da mañá, e para participar é preciso:

  • Ter 4 anos cumpridos.
  • Ter o carné da biblioteca.
  • Reservar praza a partir do luns 23 de xaneiro ás 16:00 horas no mostrador da...

O IES Terra de Trasancos conta cun grupo de mozos e mozas implicados nun proxecto extraescolar xurdido por iniciativa dunha das súas mestras. Este grupo conta con máis de catorce membros que se adican a preparar contos en inglés para despois representalos para o pùblico infantil en escolas e hospitais.

Este sábado, 3 de decembro, visitan a biblioteca para ofrecer o seu espectáculo a nenos e nenas entre 3 e 6 anos. A sesión vaise desenvolver durante aproximadamente unha hora (de 11:00 a 12:00...

Quérome. Mírome e véxome. Eu vou comigo.  O sábado 19 de novembro, ás 11:00,  imos disfrutar dunha adaptación do conto Yo voy conmigo, de Raquel Díaz Reguera. 

Falaremos do importante que é valorarse e quererse e remataremos esta sesión cun pequeno obradoiro no que fabricaremos ao personaxe do día.

Para participar nesta actividade:

  • É necesario ter o carné da biblioteca.
  • Tedes que reservar praza a partir do luns 14  ás 16:00 horas, no mostrador da biblioteca ou chamando...

Este sábado 29 sacamos a biblioteca á rúa para celebrar o seu día grande.

Estaremos na Praza de Galicia de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 para informar á cidadanía dos servizos que a biblioteca presta.

Ademáis poderedes disfrutar dunha sesión de contos, maxia e música en directo, Conto contigo a cargo de Manuel Solla ás 11:00 da mañá.

A tarde estará ocupada de 17:00 a 19:00 con dous obradoiros de chapas e graffiti personalizadas, para toda a familia.

Non é necesario inscribirse en ningunha das...

Comezo do Club de Lectura Fácil

Na primeira semana de outubro terá lugar o primeiro encontro do primeiro grupo do Club de Lectura Fácil. Esta actividade está coordinada polo persoal da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, que a ofrece a todas as persoas que podan estar interesadas.

lectura fácil é a adaptación de libros, documentos administrativos, páxinas web, etc que permite unha lectura e unha comprensión máis sinxela dun contido, eliminando barreiras para a comprensión...

O 8 de outubro celébrase o Día da ciencia en Galicia e dende a biblioteca queremos aproveitar a ocasión para renderlle homenxe a Ángeles Alvariño, oceanógrafa ferrolá da que precisamente se cumpren estes días 100 anos do seu nacemento.

Para achegarnos á figura desta científica contamos coa presenza de Polo correo do vento, que veñen a ofrecernos un espectáculo de contos, debuxos e música sobre a súa vida e obra.

A actividade terá lugar o sábado 8 de outubro ás 11:00 da mañá e...

Páxinas