Obradoiros

Este sábado, día 30 de xaneiro, conmemórase o Día escolar pola non violencia e a paz. Dende a biblioteca queremos celebrar tamén esta data cunha sesión de contos nos que os valores de respecto, tolerancia e pacifismo están moi presentes. Será entre as 11:00 e as 12:00 da mañá.

Se tes entre 4 e 8 anos e queres participar podes reservar a túa praza para esta actividade a partir do martes 26 de xaneiro ás 16:00 horas. Podes facelo no...

Este ano comezamos as vacacións escolares de Nadal cun obradoiro de elaboración de obxectos navideños orientado a nenos e nenas a partir de 3 anos. Podes vir o martes 22 ou o mércores 23 de decembro (só nunha das dúas quendas) de 11:00 a 12:30 da mañá.

Se queres participar, lembra:

  • Reservar a túa praza a partir do día anterior ás 16:00 horas no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173.
  • Tes que ter o carné da biblioteca.
  • Se...

AFAL Ferrolterra ofrécenos este sábado 12 de decembro ás 11:00 da mañá un contacontos e obradoiro orientado a nenos e nenas entre 6 e 9 anos.

A actividade é unha adaptación de La abuela necesita besitos, de Ana Bergua, un conto cheo de sensibilidade que pretende axudar aos máis pequenos/as a entender e aceptar o proceso de envellecemento e deterioro das capacidades mentais do ser humano como algo natural.

Podedes reservar a vosa praza para esta actividade a partir do mércores 9 de decembro ás...

Este sábado 5 de decembro empezamos coas actividades propias do Nadal e facémolo cun obradoiro de tarxetas de felicitación.

Pensade ben a que ser querido queredes enviar a vosa postal e procurade traer o seu enderezo apuntado xa que, tras confeccionalas e escribir unhas palabras agarimosas, levarémolas ao buzón de correos para que cheguen a tempo aos destinatarios/as.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos. Os de 3 e 4 anos deberán quedar acompañados dunha persoa...

O venres 30 de outubro, aproveitando que non tedes cole, adicaremos o día a decorar a biblioteca para o Samaín.

Se vides entre as 10:00 e as 13:00 ou entre as 17:00 e 19:00 poderedes pasar un bo rato realizando algún dos elementos decorativos que teremos preparados. Podedes sumarvos ao obradoiro en calquera momento porque os elementos son sinxelos de realizar e non vos vai levar máis dunha hora.

Para esta actividade non é necesaria inscrición previa.

Agardámosvos.

Ao igual que fixemos o ano pasado con vídeo de Stop motion, este ano queremos celebrar o Día da biblioteca (24 de outubro) cun obradoiro de audiovisuais para adultos.

Desta volta a modalidade a desenvolver será a técnica fotográfica do Light painting. Con esta curiosa forma de pintar con luz directamente nas fotografías podemos acadar imaxes moi chamativas e orixinais. Déixovos o enlace a un...

Achégase a data na que celebramos o Día da biblioteca e queremos facelo por todo o alto.

Lembras o lip-dub que fixemos fai un ano? Pasámolo en grande preparando este obradoiro cos nenos e nenas participantes.

Este ano queremos facer algo igual de divertido. Nesta ocasión será un vídeo realizado coa técnica de Time lapse. Unha cámara fixa faranos unha chea de fotos mentres traballamos nun proxecto. O resultado de unir todas as fotos será o noso vídeo...

O sábado 26 de setembro a escritora naronesa Paula Merlán estará na biblioteca entre as 11:30 e as 12:30 para contarnos o seu conto As bolsiñas da Señora T.

Despois de escoitar a Paula e ver as fermosas ilustracións de Mar Blanco, teremos un obradoiro no que aprenderemos a facer un obxecto relacionado co conto.

E para rematar, haberá unha sorpresa moi especial para os nenos e nenas participantes.

Se tes 3 anos ou máis podes participar na...

O luns 31 de agosto despedimos o verán con Cores que buscan contos, un divertidísimo xogo por equipos co que vamos aprender moitas cousas sobre os nosos contos favoritos. Xogaremos entre as 10:30 e as 12:00.

Se tes 4 anos ou máis e queres participar non esquezas decirlle a mamá ou papá que reserve a túa praza a partir do luns 24 de agosto ás 18:00 horas. Poden facelo no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382...

 

El sábado 13 de Junio tienes una cita de 11:00 a 12:00 con Peluso y su cometa.

Si tienes entre 4 y 8 años y tienes el carnet de la biblioteca puedes reservar tu plaza a partir del lunes 8 a las 16:00 horas. Puedes hacerlo en el mostrador de préstamo o llamando al 981 382 173

Páxinas