Obradoiro de tarxetas de Nadal

Data: 
sábado, 5 de Decembro de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Confeccionamos tarxetas de Nadal e as enviamos por correo aos nosos seres queridos

Este sábado 5 de decembro empezamos coas actividades propias do Nadal e facémolo cun obradoiro de tarxetas de felicitación.

Pensade ben a que ser querido queredes enviar a vosa postal e procurade traer o seu enderezo apuntado xa que, tras confeccionalas e escribir unhas palabras agarimosas, levarémolas ao buzón de correos para que cheguen a tempo aos destinatarios/as.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos. Os de 3 e 4 anos deberán quedar acompañados dunha persoa adulta, a partir de 5 poden quedar sós, pero recomendámosvos que quededes para confeccionar as tarxetas xuntos.

Lembrade que para participar é necesario ter o carné da biblioteca. Podedes inscribir aos vosos fillos e fillas a partir do mércores 2 de decembro ás 9:30, no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173 durante o horario de apertura. Teredes que indicar en cal das dúas quendas queredes participar:

  • De 11:00 a 11:50
  • De 12:00 a 12:50