As bolsiñas da Señora T

Data: 
sábado, 26 de Setembro de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Paula Merlán visita a biblioteca para contarnos o seu conto As bolsiñas da Señora T

ACTUALIZACIÓN: As prazas para esta actividade esgotáronse o luns ás 19:30 horas.

O sábado 26 de setembro a escritora naronesa Paula Merlán estará na biblioteca entre as 11:30 e as 12:30 para contarnos o seu conto As bolsiñas da Señora T.

Despois de escoitar a Paula e ver as fermosas ilustracións de Mar Blanco, teremos un obradoiro no que aprenderemos a facer un obxecto relacionado co conto.

E para rematar, haberá unha sorpresa moi especial para os nenos e nenas participantes.

Se tes 3 anos ou máis podes participar na actividade, pero lembra:

  • É necesario que teñas o carné da biblioteca.
  • Deberás reservar praza a partir do luns 21 de setembro ás 16:00 horas no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173