Obradoiros

As primeiras músicas que escoitamos, os primeiros sons cos que nos relacionamos, establecen as bases da nosa cultura e da nosa lingua, transfórmannos en membros dunha comunidade e teñen o poder de non seren esquecidos na vida.

BiblioCanta, a actividade que vai ter lugar o sábado 14 de decembro ás 11:00 h, é unha fórmula marabillosa para que os nenos e nenas se acheguen ao cancioneiro tradicional galego saboreando e desfrutando as cancións propostas. Ademáis, se o desexan, poderán converterse en...

O Concello iniciou o pasado martes 19 de novembro unha campaña de recollida de xoguetes para as familias con escasos recursos. A recollida dos xoguetes está xestionada polo Centro de Recursos Solidarios de Narón que se encargará, coa axuda de persoas voluntarias, de clasificalos e envolvelos para seren entregados ás familias o día antes de Reis.

Máis información: Campaña de recollida de xoguetes.

...

O vindeiro sábado 23 de novembro ás 11:00 da mañá recibimos a visita de dous extraterrestres que veñen para contar aos nenos e nenas a partir de 5 anos como son as cousas no seu planeta. A pesar de viren doutro mundo e seren tan diferentes, veremos que compartimos con eles moitos comportamentos e modos de vida que non están moi ben.

Nesta actividade os nenos e nenas escoitarán, valorarán, opinarán e se porán mans á obra, pois a sesión remata cun obradoiro de ilustración onde poder sacar á luz o seu carácter máis...

O pasado 14 de outubro celebrouse o Día das Escritoras, data na que se reivindica o labor das mulleres na literatura e se pretende combater a discriminación que sufriron na súa historia.

Co gallo da celebración do Día da biblioteca non tivemos a oportunidade de darlle a esta data o protagonismo que merece, por iso queremos destacalo agora cunha actividade moi especial: Microrrelatando o noso mundo ofrece aos nenos e nenas a oportunidade de xogar coa súa imaxinación e crear pequenas obras literarias de...

Como sabedes, cada 24 de outubro conmemórase en todo o mundo o Día internacional da biblioteca. Esta é para nós unha xornada festiva que cada ano queremos compartir con vós.

Proximamente presentarémosvos a programación especial para todo o mes de outubro, pero xa podemos adiantarvos que a festa máis grande será o sábado 19. Ao igual que en anos anteriores, ese día colocaremos na Praza de Galicia unha gran carpa onde celebrar diferentes actividades para todas as idades...

Tras o parón do verán o vindeiro sábado 21 de setembro ás 11:00 h. retomamos o noso programa de actividades Biblioespazo 2019 e facémolo con música!

Os nenos e nenas a partir de 4 anos gozarán dunha actividade que ten como protagonista o jazz, un xénero musical principalmente instrumental baseado na improvisación. Este pequeno obradoiro conta coa participación dos e das membros máis noviños/as da Banda do garaxe, que virán á biblioteca con cadanseu instrumento para explicarlles aos nenos e ás nenas...

O sábado 3 de agosto a biblioteca marcha ao ...

Grazas ás tecnoloxías da información e a comunicación calquera de nós pode acceder, difundir ou incluso redactar información propia para ser vista por outras persoas. Este volume tan amplo de novas é o motivo polo que se denomina á sociedade do S. XXI A sociedade da información.

O sábado 8 de xuño ás 11:00 da mañá ofreceremos un obradoiro para que os nenos e nenas entendan todo o proceso dende que xorde unha nova ata que se nos informa dela: cales son os elementos claves dunha nova, a través de que canles chega ata nós...

O 25 de maio celébrase o Día Mundial de África, unha xornada para poñer de manifesto a realidade política, social e cultural do continente.

Na biblioteca queremos celebrar esta data ofrecendo aos nenos e nenas unha actividade para coñecer as características de África: as súas xentes, as tradicións e os costumes, a fauna máis significativa, os lugares e as persoas destacadas... Nesta actividade multidisciplinar contaremos unha lenda popular africana e realizaremos un obradoiro no que...

Como sabedes, este ano adícase o Día das letras galegas a Antón Fraguas. Este autor foi un gran investigador dos costumes, tradicións e ritos da nosa cultura.

Para celebrar esta data e homenaxear a Antón Fraguas e a súa obra, Caxoto contacontos ofrécenos un espectáculo co que viaxar ao pasado e descubrir como vivían, como traballaban e como vestían os nosos antergos pero, sobre todo, como disfrutaban do seu ocio. Tanto é así que o espectáculo rematará cunha festa na que cantaremos e bailaremos...

Páxinas