Decoramos o Samaín

Data: 
venres, 30 de Outubro de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Decoramos a biblioteca para a festividade de Samaín

O venres 30 de outubro, aproveitando que non tedes cole, adicaremos o día a decorar a biblioteca para o Samaín.

Se vides entre as 10:00 e as 13:00 ou entre as 17:00 e 19:00 poderedes pasar un bo rato realizando algún dos elementos decorativos que teremos preparados. Podedes sumarvos ao obradoiro en calquera momento porque os elementos son sinxelos de realizar e non vos vai levar máis dunha hora.

Para esta actividade non é necesaria inscrición previa.

Agardámosvos.