Obradoiros

Este mércores 24 de abril ás 18:00 horas celebramos o Día internacional do libro cun obradoiro moi especial no que os nenos e nenas se converterán nos autores dun novo libro.

A partir dunha serie de cartas que representan accións, personaxes, lugares e obxectos (que eles/as mesmos/as seleccionarán ao azar) construirán unha narrativa única e seguramente moi disparatada na que deixen plasmada a súa creatividade.

A súa imaxinación voará para tecer unha historia que conteña os elementos que indiquen as cartas, dende aventuras en terras...

Sabiades que a filosofía e o debate filosófico poden desenvolver diversas habilidades nos máis pequenos/as como poden ser o sentido crítico, a creatividade, a concentración, a escoita ou a comunicación?

Co obxectivo de promover e potenciar estas capacidades este sábado 13 de abril ás 11:00 convidamos aos nenos e nenas a participar nunha actividade multidisciplinar na biblioteca.

Durante a actividade leremos varios contos seleccionados e motivaremos á reflexión a través dun debate por equipos. Será unha oportunidade única para...

O sábado 23 de marzo celébrase o Día Meteorolóxico Mundial e querémolo celebrar cunha actividade lúdica para os nosos pequenos e pequenas científicos/as.

Ás 11:00 da mañá teremos un obradoiro co que coñeceremos que é a meteoroloxía e cales son os fenómenos meteorolóxicos máis comúns e tamén falaremos de cales son as causas e as consecuencias do cambio climático e do que podemos facer para intentar frealo.

Os nenos e nenas converteranse por uns minutos en “homes e mulleres do tempo” para darnos a predición meteorolóxica e terán tamén...

O 11 de febreiro está marcado no calendario como o Día internacional da muller e da nena na ciencia, unha data para recoñecer o papel clave que desempeñan as mulleres na ciencia e na tecnoloxía e acadar unha meirande participación e inclusión das mulleres e das nenas neste ámbito.

A biblioteca promove este acceso por igual dos nenos e nenas ao mundo científico coa programación do obradoiro Descubrindo o mundo coa microbioloxía, da compañía Moc Moc.

O sábado 3 de febreiro ás 11:00 recibimos á bióloga Fanny...

Estreamos un novo ano cargadiño de aventuras elaborando un pasaporte lector onde ir levando conta de todas elas.

O sábado 27 de xaneiro ás 11:00 ofrecemos aos nenos e nenas a partir de 6 anos un obradoiro no que crearán o seu pasaporte lector, un documento no que rexistrarán todas as aventuras literarias ao longo do ano. Cada libro lido será un selo no seu pasaporte que marcará o seu percorrido por mundos cheos de imaxinación e aprendizaxe.

Listos/as para viaxar sobre as páxinas dos libros?

Para participar:...

...

A biblioteca colabora na campaña de recollida de xoguetes para o Centro de recursos solidarios de Narón e organiza un...

Conmemoramos o Día para a eliminación da violencia contra as mulleres organizando dúas sesións de xogos de mesa por equipos que se van desenvolver na Axencia de lectura da Gándara.

Os xogos elexidos para esta ocasión son Iguales e El misterio de las mujeres invisibles, cuxo obxectivo é traballar os valores de igualdade de xénero e respecto entre os nenos e nenas.

A actividade organízase en dúas sesións:

1) Iguales:

O...

Como cada ano, celebramos o Día internacional das bibliotecas cunha xornada festiva na Praza de Galicia. O sábado seguinte ao 24 de outubro (neste caso sábado 28) sacamos a biblioteca á rúa para ofrecer ao público actividades para todas as idades.

Queremos que a carpa onde todas estas actividades van ter lugar sexa un espazo de todos e todas e que poidades sentir que vos pertence, por iso convidámosvos a participar na elaboración dos elementos que a decorarán.

O martes 24 de outubro ás 18:00 horas estaremos confeccionando dúas grilandas de temática...

Alguén roubou un valioso manuscrito na biblioteca. Afortunadamente temos restos biolóxicos do ladrón. Para descubrir quen é teremos que extraer ADN das mostras e comparalo co das persoas sospeitosas deste furto.

Axúdasnos a resolver este crime? Ven o sábado 7 de outubro ás 11:00 a participar na actividade Biotecnólogos resolven un crime na biblioteca. Neste obradoiro resolveremos o caso con material de cociña e aprenderemos que é a biotecnoloxía con Manuel Vicente, responsable do programa de divulgación científica da Radio Galega ...

Páginas