Obradoiro de audivisuais para adultos. Light painting.

Data: 
sábado, 10 de Outubro de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro sobre a técnica fotográfica do light painting.

Ao igual que fixemos o ano pasado con vídeo de Stop motion, este ano queremos celebrar o Día da biblioteca (24 de outubro) cun obradoiro de audiovisuais para adultos.

Desta volta a modalidade a desenvolver será a técnica fotográfica do Light painting. Con esta curiosa forma de pintar con luz directamente nas fotografías podemos acadar imaxes moi chamativas e orixinais. Déixovos o enlace a un artigo que explica de maneira moi sinxela en que consiste esta técnica e no que podedes ver algún exemplo.

O obradoiro terá lugar o sábado 10 de outubro de 11:45 a 13:30. As imaxes que obteñamos estarán expostas en torno ao 24 de outubro, Día da biblioteca, para conmemorar esta data.

Para participar neste actividade teredes que reservar praza a partir do luns 5 de outubro ás 16:00 horas. Podedes facelo no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173.

Se tedes fillos/as (a partir de 3 anos) poden quedar con nos mentres participades no obradoiro. Teremos preparadas varias actividades para facer con eles.

 

Outros eventos relacionados

02/10/2015
|
0 comentarios

Un obradoiro para nenos e nenas a partir de 6 anos que terá como resultado un divertido vídeo co que conmemorar o Día da biblioteca.

ACTUALIZACIÓN: Xa podes ver as fotografías do proceso de creación do vídeo na Galería.