Día da paz

Data: 
sábado, 30 de Xaneiro de 2016
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sesión de contacontos e obradoiro para nenos e nenas entre 4 e 8 anos

Este sábado, día 30 de xaneiro, conmemórase o Día escolar pola non violencia e a paz. Dende a biblioteca queremos celebrar tamén esta data cunha sesión de contos nos que os valores de respecto, tolerancia e pacifismo están moi presentes. Será entre as 11:00 e as 12:00 da mañá.

Se tes entre 4 e 8 anos e queres participar podes reservar a túa praza para esta actividade a partir do martes 26 de xaneiro ás 16:00 horas. Podes facelo no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173. Lembra que para participar nas actividades da biblioteca é necesario ter o carné de usuario/a.

Vémonos o sábado!