Light and dark

Data: 
mércores, 21 de Novembro de 2018
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos e experiencias científicas en inglés

O mércores 21 de novembro ás 18:00 horas os nenos e nenas a partir de 8 anos poderán asistir a unha sesión de contacontos moi especial: Light and dark. Nesta actividade, na que se inclúen experiencias científicas, poderemos ver a luz e a electricidade dun xeito diferente.

A actividade desenvolverase en inglés, nun nivel adaptado á idade dos nenos e nenas participantes.

Para participar neste contacontos-obradoiro:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É imprescindible reservar a praza a partir do venres 16 de novembro ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.