Obradoiros

O sábado 23 de decembro ás 11:00 celebramos o Nadal cunha actividade moi especial. O tren da amizade levaranos de viaxe polos carrís da música.

Despois de escoitar historias, cantar e bailar elaboraremos coas nosas propias mans un instrumento musical.

A actividade está destinada a nenos e nenas a partir de 5 anos. Se queres que o teu fillo ou filla participe tes que reservar a súa praza a partir do martes 19 ás 16:00 horas. Podes facelo no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en...

Sabemos que estas datas son especialmente duras para o Apalpador e para os Reis Magos. A cantidade de agasallos que teñen que envolver este mes produce, sen dúbida, unha sobrecarga no traballo que desenvolven.

Na biblioteca queremos botarlles unha man axudando a envolver aqueles presentes que lles pedimos na carta e que van destinados aos nosos seres queridos. Para iso reunirémonos o martes 19 de decembro en dúas quendas (18:00 a 19:00 e 19:00 a 20:00) para compartir un espazo e un momento onde dar renda solta á nosa creatividade.

Teremos...

Xa están a piques de comenzar as vacacións e moitas familias deciden o seu destino: praia, campo, montaña... Pero, que pasa nestas datas coas mascotas? Viaxan co resto da familia ou teñen que tomar un camiño diferente?

Estas e outras cuestións nos ocuparán na actividade do sábado 3 de xuño. Dun xeito dinámico e divertido, falaremos dos coidados e a responsabilidade que merecen os nosos amiguiños e farémolo a través dunha sesión de contacontos e obradoiro onde sinalaremos os valores de respecto, compromiso e empatía cos animais.

A actividade está orientada...

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas acordou celebrar en 1994 o Ano internacional das familias e concretar no día 15 de maio todos os actos conmemorativos. Así foi como se estableceu esta data como o Día internacional da familia.

Na biblioteca queremos celebrala cunha actividade multiárea titulada Recunchos en familia. A actividade terá lugar o sábado 13 de maio ás 11:00 horas e está destinada a nenos e nenas a partir de 4 anos que deberán vir acompañados/as dunha persoa adulta da súa...

Que é Conciliaescola?

Conciliaescola é un obradoiro no período de vacacións escolares que busca fomentar a conciliación da vida laboral e familiar.

Presentación de solicitudes:

Do 9 ao 16 de maio, de 8:30 a 13:30 horas, mediante solicitude presentada no Rexistro xeral do Concello.

A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

As solicitudes que non estean completamente cumprimentadas e/ou non acompañen toda a documentación non serán valoradas.

Persoas Beneficiarias:...

Entre as actividades coas que a vindeira semana celebraremos o Día internacional do libro atópase un obradoiro destinado a persoas adultas (a partir de 16 anos) no que elaboraremos un caderno Zentangle. 

...

O martes 21 de marzo celébrase o Día mundial da poesía e queremos conmemorar esta data cun obradoiro que propón un achegamento a este xénero dun xeito didáctico, accesible e divertido.

Os e as poetas naronenses Esther Val, Andrés CM Riveira, Diana Castro e Cristina Fernández farán un percorrido pola obra poética de autores e autoras de diferentes xeracións e correntes, a través do recitado dos textos. Ademáis irán incorporando pequenas referencias biográficas, bibliográficas e curiosidades dos e das...

O sábado 25 de febreiro celebramos o entroido cun obradoiro creativo no que decoraremos as nosas máscaras. A actividade comezará ás 11:00 da mañá e durará aproximadamente unha hora. Nela poden participar nenos e nenas a partir de 3 anos (os/as que non teñan os 4 anos cumpridos deberán quedar acompañados/as dunha persoa adulta).

Se queres que o teu fillo ou filla participe, lembra que:

  • Debe ter o carné da biblioteca.
  • Deberás reservar a súa praza. Podes facelo a...

Este sábado día 11 conmemoramos cun chisco de adianto o Día do amor e da amizade e facémolo cunha sesión de contacontos moi especial: O meu mellor inimigo daranos as claves para poder desfacernos da nosa lista de inimigos/as. Remataremos con eles e elas dunha maneira definitiva!

A actividade comezará ás 11:00 e está orientada a nenos e nenas a partir de 4 anos.

Se queres que o teu fillo ou filla participe, lembra que:

  • Ten que ter o carné da biblioteca....

Este sábado 28 de xaneiro arrancamos coa programación das actividades infantís deste ano e facémolo con Lucecús, unha sesión de contacontos e obradoiro onde coñeceremos a Lucía, unha lucecús pequeniña que sinte que non pode brillar tanto coma o resto da súa especie.

A sesión terá lugar entre as 11:00 e as 12:00 da mañá, e para participar é preciso:

  • Ter 4 anos cumpridos.
  • Ter o carné da biblioteca.
  • Reservar praza a partir do luns 23 de xaneiro ás 16:00 horas no mostrador da...

Páginas