As mascotas van de vacacións

Data: 
sábado, 3 de Xuño de 2017
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Conto e obradoiro sobre os coidados e a responsabilidade coas nosas mascotas

Xa están a piques de comenzar as vacacións e moitas familias deciden o seu destino: praia, campo, montaña... Pero, que pasa nestas datas coas mascotas? Viaxan co resto da familia ou teñen que tomar un camiño diferente?

Estas e outras cuestións nos ocuparán na actividade do sábado 3 de xuño. Dun xeito dinámico e divertido, falaremos dos coidados e a responsabilidade que merecen os nosos amiguiños e farémolo a través dunha sesión de contacontos e obradoiro onde sinalaremos os valores de respecto, compromiso e empatía cos animais.

A actividade está orientada para nenos e nenas a partir de 4 anos.

Para participar é necesario:

  • Ter o carné da biblioteca.
  • Reservar praza a partir do martes 30 de maio ás 16:00 horas, no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.