Obradoiro de máscaras

Data: 
sábado, 25 de Febreiro de 2017
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Decoramos ao noso gusto as máscaras de entroido

O sábado 25 de febreiro celebramos o entroido cun obradoiro creativo no que decoraremos as nosas máscaras. A actividade comezará ás 11:00 da mañá e durará aproximadamente unha hora. Nela poden participar nenos e nenas a partir de 3 anos (os/as que non teñan os 4 anos cumpridos deberán quedar acompañados/as dunha persoa adulta).

Se queres que o teu fillo ou filla participe, lembra que:

  • Debe ter o carné da biblioteca.
  • Deberás reservar a súa praza. Podes facelo a partir do martes 21 de febreiro ás 16:00 horas, no mostrador de préstamo ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

É recomendable traer roupa que non vos importe manchar.