Obradoiros

Polbos, peixes raia, algas, corais, luras, un barco pirata afundido, un tesouro…  Hai moitas cousas que podemos atopar nun fondo mariño.

O sábado 26 de xaneiro ás 11:00 da mañá plasmaremos todas elas e moitas máis nun mural de múltiples cores e materiais co que queremos conmemorar o Día da ilustración, que se celebra cada ano o 30 de xaneiro para conmemorar a data de nacemento de Castelao.

Contamos cos vosos fillos e fillas e a súa creatividade!

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o...

A biblioteca quere promover en poñer en valor o seu carácter de praza pública e punto de encontro entre a cidadanía ofrecendo a partir de agora pequenos obradoiros colaborativos ou makerspaces.

Un Makerspace é un espazo que dota aos seus usuarios e usuarias de diferentes ferramentas para a creación de proxectos e desenvolvemento de habilidades de maneira individual ou colectiva. Un exemplo claro de makerspace poderían ser os tradicionais clubs...

A Axencia de lectura municipal da Gándara (na Casa da mocidade) acollerá estes días dous obradoiros creativos destinados a nenos e nenas entre 6 e 12 anos.

 
Formigas tolas.

Construiremos unhas divertidas formigas con materiais de refugallo e poremos en práctica algúns dos conceptos básicos de electrónica que farán que as nosas formigas se movan de xeito autónomo

Será o ...

Ao longo do mes de decembro terán lugar na biblioteca diferentes obradoiros cos que tanto os nenos e nenas coma as persoas adultas poderán desenvolver as súas habilidades creativas e decorativas.

Tarxetas de Nadal:

Martes 4 de decembro ás 18:00 h.

Nada mellor que elaborar as nosas propias tarxetas de Nadal para enviar aos nosos seres queridos. Os nenos e as nenas asistentes deseñarán a súa propia tarxeta...

O mércores 21 de novembro ás 18:00 horas os nenos e nenas a partir de 8 anos poderán asistir a unha sesión de contacontos moi especial: Light and dark. Nesta actividade, na que se inclúen experiencias científicas, poderemos ver a luz e a electricidade dun xeito diferente.

A actividade desenvolverase en inglés, nun nivel adaptado á idade dos nenos e nenas participantes.

Para participar neste contacontos-obradoiro:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións...

Cada 5 de xuño celébrase en boa parte do mundo o Día do Medio Ambiente. Na biblioteca quixemos recoller o lema deste ano, Racha co plástico, e sumalo á campaña Mares Limpios que a ONU Medio Ambiente desenvolveu no pasado ano 2017. Con estes ingredientes elaboramos un obradoiro para nenos e nenas a partir de 4 anos.

Agora que o verán está preto e a nosa interactuación co mar vai ser máis intensa é importante que os nenos e nenas saiban o que se...

A sala de exposicións da biblioteca acollerá do 2 ao 11 de maio os 18 traballos que o alumnado de 5º e 6º de primaria dos centros escolares do noso concello realizou nas Olimpiadas escolares de Educación vial.

Para complementar a visita a esta exposición, a biblioteca organiza para o sábado 5 de maio ás 11 da mañá o contacontos Moucho e Cuquiña circulan por Narón, baseado na obra homónima escrita por Paula Merlán e ilustrada por Antonio Seijas.

Nesta sesión acompañaremos ao...

O 20 de marzo conmemórase o Día internacional da felicidade, un dos sentimentos máis bonitos que podemos experimentar. Para celebrar esta data organizamos unha sesión de contacontos e obradoiro no que trataremos esta e outras moitas emocións. 

A actividade xirará en torno ás caixas nas que moitos e moitas de nós gardabamos aqueles obxectos que nos facían sentir diferentes emocións: felicidade, orgullo, tristeza, gratitude. Deste xeito os nenos e nenas coñecerán unha forma de identificar e atesorar os...

Cada 30 de xaneiro, coincidindo coa data de nacemento de Castelao, celebramos o Día da ilustración en Galicia.

Na biblioteca queremos aproveitar esta efeméride para arrincar o noso programa de actividades Biblioespazo 2018 cun obradoiro moi especial. Nel, os nenos e nenas a partir de 4 anos poderán coñecer e experimentar a técnica do collage. Para a elaboración das súas obras de arte empregarán materiais de refugallo (recortes de xornais e revistas, cartulinas, fieltros, papel de agasallo, cartóns…).

...

O programa de actividades Biblioespazo 2017 chega ao seu fin ofrecendo aos nenos e nenas diferentes obradoiros cos que divertirse e aprender nas mañás das vacacións escolares. Na derradeira semana do ano levaremos a cabo os seguintes obradoiros infantís:

Martes 26 de decembro:

O conto é noso, actividade creativa na que elaboraremos un conto.

Para nenos e nenas entre 4 e 6 anos.

...

Páginas