O Museo de Belas Artes da Coruña acolle dende o pasado 20 de febreiro O primeiro Picasso, unha exposición que fai un percorrido pola vida e a obra do pintor durante os catro anos que viviu na Coruña e que conmemora o 120 aniversario da súa primeira exposición.
O museo ofrece aos usuarios/as da nosa biblioteca a oportunidade de facer unha visita guiada pola exposición o sábado 16 de maio, para a que será imprescindible reservar praza....