Visita guiada á exposición O primeiro Picasso

xoves, 30 de Abril de 2015

Unha visita guiada pola exposición O primeiro Picasso no Museo de Belas Artes da Coruña, para os/as usuarios da nosa biblioteca.

O Museo de Belas Artes da Coruña acolle dende o pasado 20 de febreiro O primeiro Picasso, unha exposición que fai un percorrido pola vida e a obra do pintor durante os catro anos que viviu na Coruña e que conmemora o 120 aniversario da súa primeira exposición.

O museo ofrece aos usuarios/as da nosa biblioteca a oportunidade de facer unha visita guiada pola exposición o sábado 16 de maio, para a que será imprescindible reservar praza.

Quen pode participar? persoas de todas as idades.

A que hora é a visita? a visita comeza as 11:50 e dura unha hora aproximadamente. Deberedes estar na entrada como moi tarde ás 11:40.

Como reservar praza? a partir do luns 4 de maio ás 16:00 horas no mostrador de préstamo ou chamando ao 981 382 173. O prazo remata o sábado 9 de maio ou no momento no que se cubran as prazas dispoñibles.

Está incluido o transporte? as persoas interesadas na visita debedes desprazarvos pola vosa conta ata o museo.

Ademáis, a biblioteca organiza un contacontos-obradoiro o sábado anterior para espertar entre os máis pequenos/as da familia a curiosidade pola figura de Picasso.

Etiquetas: 
Exposicións
Visitas guiadas
Picasso
Museo de Belas Artes da Coruña