Exposicións

Dende o luns 4 de marzo e ata o sábado 6 de abril a sala de exposicións da planta soto acolle a mostra fotográfica Anacos, unha colección de imaxes de Fernando González Pérez, apaixoado fotógrafo aficionado cuxo talento foi recoñecido en diferentes concursos.

Nado na Estrada e actualmente residente en Valdoviño, Fernando González Pérez forxou o seu camiño no mundo da fotografía a través da realización de diversos cursos, do estudo de maneira particular de numerosos libros de fotografía e da exploración de tutoriais en liña...

A sala de exposicións da planta soto da biblioteca acollerá novamente a impactante exposición fotográfica Galegos en Mauthausen, da Asociación cultural Memoria Histórica Democrática. 

A mostra está composta por 40 fotografías que amosan as duras condicións de vida no campo de concentración, así coma documentación (cartas, fotografías…) dalgúns españois e españolas presos/as.

A exposición pode visitarse do luns 22 ao martes...

A sala de exposicións da planta soto acollerá do luns 10 ao sábado 29 de abril unha exposición de pinturas do veciño de Narón Manuel Rodríguez Beceiro.

Manuel Rodríguez iniciouse na pintura en 2003 na Casa das Palmeiras en Neda, onde recibiu formación e participou nunha exposición conxunta de obras paisaxísticas.

A súa inquedanza artística levouno a formarse máis tarde na disciplina de pirograbado, pero o artista recoñece que a súa técnica é principalmente autodidacta.

Na exposición que este mes nos ofrece poderemos contemplar unha...

A sala multiusos da nosa planta soto acolle unha vez máis a exposición fotográfica Galegos en Mauthausen, da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, dende o martes 24 de xaneiro ata o sábado 4 de febreiro.

A mostra está composta por 40 fotografías que amosan as condicións de vida no campo de concentración, así coma documentación (cartas, fotografías…) dalgúns españois e españolas presos/as.

Horario de visitas:

  • De luns a...

A Biblioteca Pública Municipal de Narón acolle entre o martes 25 de outubro e o xoves 10 de novembro a exposición A fuxida do Bou Ramón, formada por fotografías que relatan a historia protagonizada por 27 republicanos que, en 1939, fuxiron nun barco pesqueiro dende Ares para atopar o camiño da súa salvación.

O xoves 27 de outubro ás 18:00 horas proxectarase o documental A fuxida do bou Ramón. A continuación as persoas responsables da Asociación Histórica Democrática farán unha visita guiada na que os/as...

A Asociación Narart (Narón, amigos el arte) expón na sala multiusos da planta soto da biblioteca unha mostra colectiva de pintura e fotografía que leva por título Narart, unha ponte á arte.

A asociación naceu en 2011 logo de que os seus membros fundadores/as se reuniran en Narón para constituir unha asociación cultural que levase o nome do noso concello e coa que difundir a arte en todas as súas expresións.

Ademais de organizar exposicións nas que amosar os seus traballos, a asociación ofrece cursos e obradoiros para...

A veciña de Narón Elena Macía Castro expón a súa serie pictórica Recordos do mundo na sala de exposicións da planta soto da biblioteca.

Macía iniciouse na arte de maneira autodidacta hai xa máis de trinta anos. Durante a súa traxectoria impartiu clases de iniciación á pintura a nenos e nenas en condicións desfavorecidas.

Antes de expoñer na biblioteca Macía participou en exposicións tanto individuais como colectivas en diferentes espazos na nosa contorna como os Centros cívico-sociais de Piñeiros e San Xiao en Narón e de San Vicente...

A sala de exposicións da nosa planta soto abre de novo as súas portas para acoller unha mostra fotográfica. Dende o luns 6 ata o sábado 18 de xuño poderedes visitar unha exposición dobre adicada ao pobo xitano de Narón que está formada por:

  1. Somos xitanos e xitanas de Narón e esta é a nosa historia: fotografías de veciños e veciñas de Narón de etnia xitana.
  2. Homenaxe ao pobo xitano de Narón: imaxes de entrevistas interxeracionais e interculturais de persoas de etnia xitana e doutras culturas.
  3. ...

A sala de exposicións da planta soto da biblioteca acolle novamente unha mostra, desta vez fotográfica. Dende o martes 3 e ata o martes 31 de maio poderedes visitar Xeitos, unha colección composta por 34 fotografías de 17 autores e autoras pertencentes ao Grupo Bazán.

O Grupo Bazán é unha entidade con máis de catro décadas de historia a favor da promoción do deporte e a cultura. A súa sección de fotografía naceu no ano 1994 para que persoas con inquedanzas nesta disciplina puideran...

A sala de exposicións da planta soto da biblioteca acollerá entre o venres 25 de marzo e o venres 8 de abril unha exposición do pintor Crisanto Poveda.

Crisanto Poveda Gallego é un mestre xubilado veciño de Narón. A súa formación na arte é eminentemente autodidacta aínda que durante a súa xuventude recibiu aulas de José Leyra e Tomás Barros. A súa posterior iniciación no mundo da acuarela foi da man dos pintores Francisco Rey e Manuel Gandullo.

Actualmente Poveda Gallego é membro do grupo pictórico Narart, co que ten...

Páginas