Presentación de "Breixo e monstro Lume", de Soraya García Riveiros

venres, 15 de Decembro de 2023

A escritora presenta o seu libro infantil na biblioteca

 

O vindeiro xoves 21 de decembro ás 18:00 horas recibimos na nosa sala multiusos da planta soto a Soraya García Riveiros para presentar o seu libro infantil Breixo e o monstro Lume.

Soraya García Riveiros, afincada en Narón dende 2004, ten unha destacada carreira como frautista e docente no Conservatorio CMUS Xan Viaño de Ferrol. Cunha traxectoria musical que abarca dende a súa formación no Conservatorio de Música de Betanzos ata a súa participación en orquestras e grupos musicais de renome, Soraya levou o seu amor pola pedagoxía a coordinar proxectos educativos de índole internacional.

Ademais da súa carreira musical, Soraya explorou a súa vea artística dende temprana idade incursionando no debuxo e a pintura con diversas técnicas e estilos. O seu amor polos contos, transmitido pola súa nai no momento de ir durmir, inspirou a Soraya a emprender a súa propia viaxe na escritura. En 2021 naceron os primeiros trazos de Breixo e monstro Lume, un conto ilustrado por ela mesma. Coa colaboración de Ángel Mherlo este proxecto viu a luz o 14 de setembro de 2023.

O libro, orientado a nenos e nenas entre 3 e 9 anos, está editado en galego e castelán e conta ademais cunha edición espacial conforme ao Protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e/ou outras dificultades de aprendizaxe.

O conto narra la historia de Breixo, un paxaro valente na procura de aventuras que se vai ver inmerso nun misterio no monte, iniciando así unha emocionante travesía.

No acto de presentación deste conto Soraya García Riveiros compartirá detalles sobre o seu proceso de creación. Tras a finalización as persoas que así o desexen poderán adquirir un exemplar e levalo asinado.

Etiquetas: 
Presentacións de libros
Encontros con autores/as
Biblioespazo 2023