Obras de mellora na biblioteca

luns, 7 de Outubro de 2019

Os servizos da biblioteca veranse afectados a partir do martes 8 de outubro

A partir do martes 8 de outubro vanse acometer no edificio da biblioteca obras de mellora de acceso e seguridade que afectarán a todos os servizos. A biblioteca manterá o seu horario de apertura habitual e o servizo de préstamo. O resto dos servizos (sala de lectura e estudio, sala de informática, hemeroteca...) prestaranse segundo o que os traballos de acondicionamento permitan en cada momento.

A planta sótano (sección infantil e bebeteca) permanecerá pechada ata novo aviso. Disporemos na planta baixa da sala de adultos/as dunha selección de obras infantís para que poidades seguir utilizando o servizo de préstamo. O resto dos materiais destas seccións estarán dispoñibles baixo demanda sempre que se soliciten con antelación.

Mentres duren as obras na biblioteca central, a Axencia de lectura municipal da Gándara reforzará o seu horario e abrirá de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas. Este dispositivo atópase na Casa da Mocidade e podedes acceder a el co carné da rede de bibliotecas.

Desculpade as molestias que poidamos ocasionar.

 

 

Etiquetas: 
Obras
peche de servizos