O meu libro favorito

mércores, 17 de Abril de 2019

Photocall  para participar no concurso #OMeuLibroFavoritoBPN

Como xa vistes en anteriores publicacións, este mes de abril temos a programación da rede de bibliotecas de Narón cargadiña de actividades para celebrar o Día internacional do libro.

E como os libros son os protagonistas neste mes, gustaríanos saber cales son os que máis vos gustan. Para iso convocamos en Instagram o concurso #OMeuLibroFavoritoBPN.

Participar é moi sinxelo, só tes que facer unha foto co teu libro favorito. Na Axencia de lectura da Gándara haberá disposto un photocall dende o luns 22 ata o venres 26 de abril para facilitarche a tarefa.  Nel atoparás elementos decorativos como sombreiros, boas, lentes, lupa ou personaxes de cómic para facer a túa foto máis divertida e orixinal, aínda que se o prefires tamén podes sacala en calquera outro lugar.

Para participar no concurso colga a foto entre o luns 22 e o domingo 28 de abril na túa conta de Instagram. É imprescindible:

  • que sigas a conta da biblioteca e a menciones(@bibliotecadenaron).
  • que engadas a etiqueta #OMeuLibroFavoritoBPN.

O luns 29 de abril ás 9:00 da mañá faremos revisión de todas as fotos  e a que máis “corazóns” consiga de todas as que cumpran os requisitos recibirán un lote de libros de agasallo.

Podes consultar aquí as bases do concurso.

 

 

Etiquetas: 
concursos
Día internacional do libro
Fotografías
Biblioespazo 2019