Mesa de conversa en inglés

martes, 3 de Outubro de 2017

A biblioteca ofréceche un espazo distendido onde poñer en práctica os teus coñecementos de inglés e mellorar o teu nivel

España é o país da Unión Europea con peor nivel de inglés. Ninguén dubida que, en termos xerais, o dominio desta lingua é algo que aínda se nos resiste. Un dos maiores obstáculos á hora de incrementar o noso nivel é a vergonza que temos para falar inglés en público e a desconfianza na nosa capacidade de facelo.

A pesar de que as tecnoloxías (as redes sociais, Internet, as series en versión orixinal) poden axudarnos na adquisición de vocabulario e na comprensión da lingua, a nosa asignatura pendente segue sendo a expresión oral.

A biblioteca ofrece este outono-inverno un espazo onde poder poñer en práctica todo o que sabes (que é moito máis do que pensas) e desenvolver o teu nivel en inglés. Nun ambiente distendido practicaremos diálogos e conversas clave para poder comunicarnos en diferentes ámbitos da nosa vida cotiá.

Todos os luns haberá tres sesións de Mesa de conversa en inglés, coordinadas por unha mestra nativa.

  1. De 11:00 a 12:00 da mañá: Primeiros pasos. Para persoas que se comunican con vocabulario e gramática básicos.
  2. De 17:15 a 18:15: Quitaóxidos I. Para persoas que se desenvolven cun nivel medio, capaces de manter unha conversación básica sobre algún aspecto concreto ou ser autónomas nunha viaxe a un país anglófono.
  3. De 18:15 a 19:15: Quitaóxidos II. Persoas cun nivel máis fluido de conversación que se comunican sen esforzo.

A participación nestas mesas de conversa é libre e de balde. Cada mércores ás 9:30 abriremos a lista de reserva para participar nas sesións do luns seguinte.

As reservas poden facerse na propia biblioteca ou chamando ao 981382173 en horario de apertura. No momento da inscrición deberás indicar o nivel no que queres participar (se non o tes moi claro proba co nivel que consideras que tes e tras a primeira sesión a coordinadora indicarache se che convén máis outro).

O mércores 4 de outubro abrimos a lista de reservas para as primeiras sesións, que serán o luns 9 de outubro.

Non o dubides e participa!

 

 

Etiquetas: 
Conversa
Inglés
Biblioespazo 2017