Campaña #vivalabiblio

luns, 19 de Outubro de 2015

Homenaxe en Twitter ás bibliotecas e aos bibliotecarios con motivo da celebración, o 24 de outurbro, do Día da biblioteca.

Observatorio de la Lectura y el Libro, pertencente á Subdirección General de Promoción del Libro, la Lectura y las Letras Españolas pon en marcha dende hoxe luns 19 de outubro e ata o domingo 25 a campaña #vivalabiblio, que prentende servir de homenaxe á labor das bibliotecas e dos profesionais que nelas traballan.

Dinámica do concurso:

Durante esta semana os usuarios das bibliotecas poderán declarar o seu amor por algunha biblioteca ou bibliotecario/a en concreto mediante un texto, unha ilustración, unha foto o un vídeo remitido a través dun tuit á conta @observalibro coa etiqueta #vivalabiblio. Cada usuario pode participar con máis dunha mensaxe.

Haberá cinco finalistas que recibirán un lote de libros de agasallo e un gañador final que ademáis terá a posibilidade de realizar unha visita guiada, personalizada e exclusiva xunto con outra persona acompañante á Biblioteca Nacional de España.

Tedes máis información e as bases completas desta campaña aquí.

 

Etiquetas: 
#vivalabiblio
twitter
campañas
Día da biblioteca 2015
concursos
BNE