Xornadas de portas abertas

mércores, 17 de Abril de 2024

Ven e participa das visitas guiadas polo edificio da biblioteca

Atención, persoas curiosas! Para conmemorar o Día internacional do libro a biblioteca volve a ofrecer visitas guiadas abertas ao público en xeral.

Se algunha vez te preguntaches que hai mais alá das portas da biblioteca que sempre están pechadas, se aínda non coñeces todos os servizos que prestamos ou se non tes moi claro como están estructuradas as nosas seccións, esta é a túa oportunidade de descubrilo!

A biblioteca organiza dúas visitas guiadas o xoves 25 de abril:

  • De 11:00 a 12:00 para público adulto.
  • De 18:00 a 19:00 para público en xeral.

nas que poderedes resolver estas ou calquera outra dúbida que teñades acerca do noso servizo.

Ademais poderedes coñecer tamén a Axencia de lectura da Gándara noutra visita guiada o venres 26 de abril de 17:30 a 18:30. Será unha boa oportunidade de descubrir os servizos que se prestan en exclusividade neste dispositivo.

Para participar en calquera das visitas só tedes que reservar a vosa praza a partir do luns 22 de abril ás 9:30 horas. Podedes facelo de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

Agardámosvos!

 

 

Etiquetas: 
Visitas guiadas
Portas abertas
Curiosidades
Día do libro