Xornada de portas abertas

mércores, 17 de Abril de 2013

O martes 23 de abril é unha data especial. Ademáis de celebrar o Día internacional do libro, na biblioteca estamos de aniversario, xa que o actual edificio cumpre a súa primeira década.

É por iso que temos organizada para o mércores 24 unha xornada de portas abertas na que vos levaremos por todos os recunchos agochados aos que normalmente non tedes acceso.

Se queres coñecer todos os espazos onde se realizan os traballos de selección, catalogación, preparación física dos libros, encadernación… inscríbete (de maneira presencial ou telefónica) nun dos seis turnos de visita que temos establecidos.

É unha actividade para todos os públicos!