Xogos Olímpicos na biblioteca

sábado, 7 de Xullo de 2012

Sabes que está a acontecer en Londres estes días?

Ata o 12 de agosto celébrase a trixésima edición dos Xogos Olímpicos de verán, o maior evento deportivo do mundo no que participan atletas de moitísimos países diferentes.

Queres saber cando e como se empezaron a celebrar estes xogos? Descobre que deportes están presentes nas Olimpiadas, cales foron os deportistas máis galardonados e moitas outras curiosidades.

Viaxa con Geronimo Stilton, Astérix ou Mortadelo e Filemón aos Xogos a través dos libros que temos seleccionados para ti. Poderás atopar, entre outros:

  • 2222, Olimpiada espacial / Carlos Puerto
  • Londres 2012 / guión e ilustraciones de F. Ibáñez.
  • Mi primera guía de los Juegos Olímpicos / A. Bertran
  • Stilton en los Juegos Olímpicos / Geronimo Stilton.
  • Los Xunguis. Olimpiadas Galácticas / Ramis.