Trocolibro edición abril 2024

mércores, 17 de Abril de 2024

Trocolibro está de volta na biblioteca!

Preparade os vosos andeis e revisade os vosos rincóns de lectura porque a primeira edición de 2024 do noso clásico Trocolibro está a piques de comezar!

Que é Trocolibro?

É a oportunidade perfecta para desfacerte dos libros que xa non precisas e facer oco para levar a casa novos tesouros literarios. Do luns 22 ao sábado 27 de abril, agardámosvos na biblioteca para mergullarnos nun mar de propostas infantís, xuvenís e para adultos/as.

Como funciona?

Pasa pola biblioteca durante esa semana e atoparás unha ampla selección de libros dispoñibles para intercambiar. O mellor de todo é que non precisas deixar un libro para poder levar outro. Cada persoa pode levar un libro da mesa, sen importar se trae un para intercambiar ou non. Eso si, o límite é dun libro por persoa ao día, tanto para donar como para levar.

Esta actividade tamén estará dispoñible na Axencia de Lectura da Gándara durante o seu horario de apertura habitual, de luns a venres de 17:00 a 19:00.

 

 

Etiquetas: 
Trocolibro
Intercambios
Reciclaxe
Día do libro