Trocolibro

martes, 15 de Outubro de 2019

Un espazo para o intercambio

Como unha das actividades coas que estamos a conmemorar o Día internacional da biblioteca, poñemos á vosa disposición un espazo para o intercambio.

De seguro que tes obras interesantes e actuais das que xa disfrutaches e queres trocalas por outras que aínda non liches. Esta é a túa oportunidade!

Entre o luns 21 e o sábado 26 de outubro ocuparemos unha mesa da planta baixa con libros para trocar. Todas as persoas que o desexen poderán levar un dos libros da mesa, independentemente de se deixan outro a cambio ou non. O máximo de libros, tanto para donar como para levar, será de un por persoa.

 

 

Etiquetas: 
Trocolibro
Día internacional da biblioteca
Biblioespazo 2019