Oitava xuntanza do SOLF

venres, 6 de Xuño de 2014

O venres 13 de xuño celebramos a oitava xuntanza do Servizo de Orientación de Lectura ás Familias. É unha actividade totalmente aberta e gratuita. 

 

Para participar tan só tedes que confirmar a vosa asistencia a unha das dúas sesións:

  • Pola mañá: de 11:00 a 12:00
  • Pola tarde: de 19:00 a 20:00

Déixovos aquí máis información:

Servizo de Orientación de Lectura ás Familias.

Que é?

Servizo no que informamos sobre as últimas novidades adquiridas para o fondo infantil, destacando aquelas máis salientables polas súas cualidades estéticas e literarias.

A quen vai dirixido?

É un servizo orientado aos pais e nais con fillos e fillas ata 12 anos, pero tamén a mestres/as, monitores/as infantís ou estudiantes. Ao tratarse dunha actividade para persoas adultas aconsellamos non traer aos nenos e nenas ás xuntanzas.

Cando se celebran as xuntanzas?

Celebramos xuntanzas trimestrais en marzo, xuño, setembro e decembro. As sesións son dobres, de mañá e de tarde, para intentar que podan participar todas as persoas interesadas (só hai que acudir a unha das dúas quendas). As datas e horas concretas de cada xuntanza comunícanse cunha semana de antelación.

Podo participar se ata o de agora non fun a ningunha xuntanza?

Non é necesario ter acudido ás anteriores xuntanzas, podédevos unir no momento que queirades. Cantas máis persoas sexamos, máis teremos que aportar.

Como se desenvolven as sesións?

En primeiro lugar presentamos as novidades infantís destacadas dende a data da anterior xuntanza. Sinalamos as súas principais características e volas deixamos para ver fisicamente (agás as que nese momento se atopen prestadas).

Abrimos un pequeno debate (ás veces o debate ábrese xa durante a exposición das novidades) para que cada persoa expoña a súa experiencia coa literatura infantil ou faga calquera aportación que considere interesante. Moitos dos contos dos que hoxe disfrutan os vosos fillos e fillas foron suxeridos nestas xuntanzas.

A participación activa é totalmente voluntaria, podedes acudir simplemente a escoitar, aínda que seguramente todos teredes opinións para compartir.

Teño que reservar praza?

Para esta actividade non hai límite de prazas pero pedimos que confirmedes previamente a vosa asistencia e indiquedes a cal das dúas sesións (mañá ou tarde) queredes acudir. Podedes confirmar asistencia:

Xa podes ver o boletín correspondente a esta xuntanza premendo aquí.