Obradoiro de empaquetado de Nadal

venres, 15 de Decembro de 2023
1218 Obradoiro empaquetado.png
1218 Obradoiro empaquetado.png

A biblioteca colabora na campaña de recollida de xoguetes para o Centro de recursos solidarios de Narón e organiza un obradoiro de empaquetado.

A biblioteca colabora na campaña de recollida de xoguetes para o Centro de recursos solidarios de Narón e organiza un obradoiro de empaquetado.

O Concello ten en marcha unha campaña de recollida de xoguetes para as familias máis vulnerables. A recollida está xestionada polo Centro de Recursos Solidarios de Narón que se encargará, coa axuda de persoas voluntarias, de clasificalos e envolvelos para seren entregados ás familias o día antes de Reis.

Máis información: Campaña Regala sorrisos 

A biblioteca é un dos puntos de entrega de xoguetes e ademáis colabora na campaña seleccionando, clasificando e envolvendo os libros que os nenos e nenas recibirán xunto cos seus xoguetes na noite de Reis.

Para a tarefa de empaquetado organizamos un obradoiro o luns 18 de decembro de 10:30 a 12:30 e de 16:30 a 19:30 no que poden participar persoas a partir de 16 anos.

A actividade ten dúas quendas:

  • De 10:30 a 12:30 da mañá.
  • De 16:30 a 19:30 da tarde.

Nestes intervalos horarios a chegada e a saída é libre. Para participar non é necesaria inscrición previa.

Agardámosvos!

Etiquetas: 
Obradoiros
Nadalagasallos
Centro de Recursos Solidarios
Biblioespazo 2023