Máis alá do libro... (Exposición)

mércores, 2 de Abril de 2014

Abril é o mes dos libros por excelencia. O día 2, data de nacemento de Hans Christian Andersen, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e xa máis avanzado o mes, o día 23 celebramos o Día Internacional do Libro. No noso caso, tamén coincide coa data da inauguración oficial do noso novo (xa non tanto) edificio, que este ano cumple o seu undécimo aniversario.

Pero, por que expoñer sempre as mostras bibliográficas sen máis? As grandes obras da literatura clásica, así como as novelas contemporáneas máis vendidas e lidas e, incluso algunhas obras importantes de investigación e xornalismo, deron paso á súa vez e serviron de inspiración para levar a literatura ata outro tipo de arte: o cine.

Durante todo este mes expoñemos na biblioteca varios exemplos destes dúos para que podades levar as dúas cousas en préstamo e plantexarvos o eterno dilema; é mellor o libro ou a película?